Re: Fwd: erro

2008-06-12 Conversa Miguel Branco
Grazas por avisar; pensei que tiñan o meu mail, pois falaramos aí atras, creo 
recordar. 

On Thursday 12 June 2008 22:00:06 Nacho wrote:
> Ahí vos queda.
>
> -- Forwarded message --
> From: susana 
> Date: 2008/6/12
> Subject: erro
> To: nacho.r...@gmail.com
>
>
> Ola Nacho.
>
> Quería facerlle chegar este correo a Miguel Blanco, pois púxose en
> contacto co SNL da UDC e nós non temos o seu enderezo electrónico.
>
> Antes de nada desculpade o erro dos trípticos, acaba de dicirmo Marisol.
> Imos remedialo de contado, e en principio poñeremos tal e como aparece
> na web: "Comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre
> ao galego integrados por tradutores voluntarios.", parécevos?
> De todos os xeitos, os trípticos de formato papel xa están publicados
> mais os das webs podemolos modificar e así o faremos.
>
> Desculpade novamente o erro.
>
> Grazas




Fwd: erro

2008-06-12 Conversa Nacho
Ahí vos queda.

-- Forwarded message --
From: susana 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2008/6/12
Subject: erro
To: nacho.r...@gmail.com


Ola Nacho.

Quería facerlle chegar este correo a Miguel Blanco, pois púxose en
contacto co SNL da UDC e nós non temos o seu enderezo electrónico.

Antes de nada desculpade o erro dos trípticos, acaba de dicirmo Marisol.
Imos remedialo de contado, e en principio poñeremos tal e como aparece
na web: "Comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre
ao galego integrados por tradutores voluntarios.", parécevos?
De todos os xeitos, os trípticos de formato papel xa están publicados
mais os das webs podemolos modificar e así o faremos.

Desculpade novamente o erro.

Grazas


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

O Xoves 12 Xuño 2008 15:41, Leandro Regueiro escribiu:

Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,

Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven

[...]
Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?


Vaia! ...xa que logo hei de pensar que de tanto en tanto teño ideas boas!


Por suposto! es un fenómeno! non esperaba menos de ti.


Re: digalego broken

2008-06-12 Conversa damufo

Unha pena!
Alguén pode explicar un pouco máis que é o que pasou?
Non entendo moi ben os motivos disto.

Saúdos

Miguel Solla escribiu:

Pois si que temos boas novas co digalego...

http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php


digalego broken

2008-06-12 Conversa Miguel Solla
Pois si que temos boas novas co digalego...

http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
O Xoves 12 Xuño 2008 15:41, Leandro Regueiro escribiu:
> >> Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
> >> poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
> >
> > Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
>[...]
> Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?

Vaia! ...xa que logo hei de pensar que de tanto en tanto teño ideas boas!
-- 
Best regards,
MV


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/12 mvillarino :
>> Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)
>
> O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é
> que se ten a percepción de que o mundo é iso.

Moi boa. Non o conseguirás.

>> Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
>> poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
> Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
> foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese
> unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e
> chamarlle ao resultado "Curso de formación"
>
> (*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para
> traducir, e que se lle esgota a batería.

Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?

>>ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos 
>>permitan
>> organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
>> se concedan créditos de libre elección, ou algo así.
>
> é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un
> obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de
> estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as
> Pontes.
>
> Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen
> créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os
> obradoiros.

Home, antes de poñer a xente a elo hailles que dar unha mínima
formación para que poidan desenvolver a tarefa. Para iso é o
obradoiro. Na parte do seu traballo non agardo que teñamos que
traballar nós tanto.

>>Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non 
>>teñamos...
> Iso haberá que ir pensándoo.

Certo.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
> Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é
que se ten a percepción de que o mundo é iso.

> Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
> poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese
unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e
chamarlle ao resultado "Curso de formación"

(*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para
traducir, e que se lle esgota a batería.

>ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan
> organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
> se concedan créditos de libre elección, ou algo así.

é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un
obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de
estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as
Pontes.

Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen
créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os
obradoiros.

>Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos...
Iso haberá que ir pensándoo.


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
> No que é a programación e xestión da web penso que podo axudar.
Xenial!


Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

[Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
Leandro dixit:

É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
discutimos todo isto??

Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
sorte).
E do que habería que discutir. podemos comezar por pensar en que
valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
claro), para as cousas novas: unha especie de "traducionaogalego.eu"
coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
mantimento que nos podamos permitir.


No que é a programación e xestión da web penso que podo axudar.



Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.




Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
si que fai falla unha tormenta de ideas.




Re: Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/12 mvillarino :
> [Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
> Leandro dixit:
>> É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
>> organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
>> discutimos todo isto??
> Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
> estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
> sorte).

Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

> E do que habería que discutir. podemos comezar por pensar en que
> valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
> nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
> trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
> puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
> Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
> manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
> engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
> claro), para as cousas novas: unha especie de "traducionaogalego.eu"
> coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
> mantimento que nos podamos permitir.
>
> Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
> de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.
>
> Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
> si que fai falla unha tormenta de ideas.

Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches, ou para ter
unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan
organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
se concedan créditos de libre elección, ou algo así. Para outras
cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Referente á fundación dunha Asociación

2008-06-12 Conversa mvillarino
[Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
Leandro dixit:
> É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
> organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
> discutimos todo isto??
Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
sorte).
E do que habería que discutir. podemos comezar por pensar en que
valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
claro), para as cousas novas: unha especie de "traducionaogalego.eu"
coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
mantimento que nos podamos permitir.

Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.

Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
si que fai falla unha tormenta de ideas.


Re: Varios

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
On Wed, Jun 11, 2008 at 6:56 PM, mvillarino  wrote:
> @KDE aproveitade a flipalo mentres non pete o servidor: mirade quen
> estamos no posto dez da lista "Top 10" de 4.1 !!!

Si, xa o vin onte. Tiñades envexa da posición en Mandriva, eh? Noraboa.

> @Xeral: vou un pouco farto de tanto anda-non-anda co tema de fundar
> unha asociación chamada "Tradutores sen nome" ou "Trasno". Que
> significa isto? pois que ou se decide algo ou, se as grandes vacas
> sagradas non o impiden, pensarei en pasar a unha política de actos
> consumados.
> E si, é unha ameaza. de momento estou a tantear a normativa,
> fiscalidade e demais.

É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
discutimos todo isto??

Ata logo,
   Leandro Regueiro