2008/6/12 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> [Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto]
> Leandro dixit:
>> É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase
>> organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e
>> discutimos todo isto??
> Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto
> estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de
> sorte).

Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)

> E do que habería que discutir..... podemos comezar por pensar en que
> valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( )
> nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o
> trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que
> puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores.
> Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi
> manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son,
> engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas,
> claro), para as cousas novas: unha especie de "traducionaogalego.eu"
> coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e
> mantimento que nos podamos permitir.
>
> Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo
> de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas.
>
> Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto
> si que fai falla unha tormenta de ideas.

Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches, ou para ter
unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan
organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
se concedan créditos de libre elección, ou algo así. Para outras
cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a