[Sigo nun fío novo por non derivar a conversas sen relación co tema do asunto] Leandro dixit: > É unha opción. Non creo que se opoña ninguén. A todo isto, poderiase > organizar unha reunión para a xente de Trasno para este verán e > discutimos todo isto?? Vale, pero este xullo non podo por saturación de traballo, e en agosto estarei tamén a tope. Para setembro poderei alentar (con algo de sorte). E do que habería que discutir..... podemos comezar por pensar en que valor engadido (vaia!, estou contaxiándome do léxico consultoril :-( ) nos aportará ter entidade xurídica, e en que cousas que non teña o trasno actual queremos que teña, e non podamos ter agora, pero que puidéramos conseguir como asociación e non como francotiradores. Polo de agora a opción das que barallei que máis me encheu o ollo foi manter a páxina e servizos actuais do proxecto tal e como son, engadindo outro sitio web xunto a ela (sen funcionalidades duplicadas, claro), para as cousas novas: unha especie de "traducionaogalego.eu" coas cousas que queiramos. Co rexistro, aloxamento, programación e mantimento que nos podamos permitir.
Neste senso coido que habería que ser sensatos e prantexar un comezo de mínimos, mirando que cousas hai feitas, e simplesmente fusilándoas. Referente aos servizos que poderíamos oferecer, pois nen flores. Nisto si que fai falla unha tormenta de ideas.

