2008/6/12 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :)
>
> O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é
> que se ten a percepción de que o mundo é iso.

Moi boa. Non o conseguirás.

>> Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para
>> poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches,
> Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven
> foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese
> unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e
> chamarlle ao resultado "Curso de formación"
>
> (*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para
> traducir, e que se lle esgota a batería.

Pois eu si. Non fora aló cando o g11n?

>>ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos 
>>permitan
>> organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que
>> se concedan créditos de libre elección, ou algo así.
>
> é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un
> obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de
> estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as
> Pontes.
>
> Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen
> créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os
> obradoiros.

Home, antes de poñer a xente a elo hailles que dar unha mínima
formación para que poidan desenvolver a tarefa. Para iso é o
obradoiro. Na parte do seu traballo non agardo que teñamos que
traballar nós tanto.

>>Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non 
>>teñamos...
> Iso haberá que ir pensándoo.

Certo.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a