> Home, o verán para os estudantes remata o primeiro de setembro :) O mau dos estudantes (e por extensión do profesorado e dos p.a.s.) é que se ten a percepción de que o mundo é iso.
> Eu penso que o único para o que faria falta ter unha asociación é para > poder montar eventos, coma a tradfest que ti propuxeches, Non lembro ter proposto unha tradfest. A última barrenada que tiven foi a de gravar un vídeo dun escritorio onde un tradutor desenvolvese unha sesión(*) de traballo, porlle unha liña de son explicativo, e chamarlle ao resultado "Curso de formación" (*)Sesión: iso que se fai entre que se arrinca o portatil para traducir, e que se lle esgota a batería. >ou para ter unha influencia maior sobre certos colectivos para que nos permitan > organizar eventos doutro tipo, coma obradoiros de tradución polos que > se concedan créditos de libre elección, ou algo así. é que para isto penso que podería liar á xente de galite, e facer un obradoiro especializado na seguinte partyfoz que fagan... a custo de estar nunha das esquinas do territorio. E se non á de galite, á de as Pontes. Aliás, eu tiña entendido que para o que queríades que se desen créditos de libre conf era por traducir, non por impartir os obradoiros. >Para outras cousas dubido que a asociación aporte algo que agora non teñamos... Iso haberá que ir pensándoo.

