Re: Observacións

2008-06-25 Conversa Adrián Chaves
O Mar, 24-06-2008 ás 11:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
 2008/6/23 Xosé xoseca...@gmail.com:

[...]

  Preferencia da construción estar a + infinitivo sobre estar + xerundio 
  por
  ter menor visibilidade
 
 Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
 ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

O mesmo digo.

  Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres () porque as primeiras non
  existen en galego.

Eu o certo é que nunca atrás o usara en galego, así que non me
sorprende.

[...]

  correo-e - correo electrónico (correo-e é un calco de e-mail e non ten
  uso real en galego)
 
 A veces hai que usar algo máis curto ca correo electrónico. Se
 preferides usar email por min vale.

Pois gústame así, correo electrónico para cando sexa posible e email
para cando se precise un termo surto.

[...]

  URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)
 
 Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
 era masculino.

Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de a URL. Pero certo é
que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de enderezo
máis que pola tradución literal na miña opinión.

  Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe, non 
  os
  contidos da mensaxe)
 
 Coincido.

Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.

Un saúdo!
Adrián Chaves


Re: Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-25 Conversa mvillarino
O Mércores 25 Xuño 2008 19:16, damufo escribiu:
 Teño feita a tradución do keepassx (versión gnu/linux do keepass) ao
 galego na versión 0.2, de feito está na forxa. a cuestión é que quería
 anovar a tradución coa versión 0.3. Resulta que no seu día envieille a
 tradución ao desenvolvedor quen non fixo nada. Tomei o novo ficheiro, a
 traducir con 0% traducido, o caso é que teño instalado o qt linguist e
 non sei como aproveitar a tradución previa.
Tes dúas maneiras: ou o fas mediante as ferramentas do translate-toolkit, ou 
coas ferramentas de qt.
Para isto precisas as fontes do programa, na versión 0.3, o ficheiro .ts da 
0.2 e algún paquete máis instalado (depente da distro), a ferramenta a 
empregar é lupdate, na páxina man está hai máis información.
-- 
Best regards,
MV


Re: Observacións

2008-06-25 Conversa mvillarino
O Mércores 25 Xuño 2008 08:23, Adrián Chaves escribiu:
   URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)
 
  Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
  era masculino.

 Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de a URL. Pero certo é
 que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de enderezo
 máis que pola tradución literal na miña opinión.

Se non lembro mal, no snl da udc hai un documento que trata da utilización das 
maiúsculas, siglas acrónimos, e asuntos relacionados. Penso que o liguei 
desde a guía de estilo. Non está de máis darlle un tento.

   Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe,
   non os contidos da mensaxe)
 
  Coincido.

 Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.
Xa tardades...

   Adrián Chaves
[Off-topic] Tu non serás de pontecesures ou así, non?
-- 
Best regards,
MV


Re: Observacións

2008-06-25 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/25 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 O Mércores 25 Xuño 2008 08:23, Adrián Chaves escribiu:
   URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)
 
  Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
  era masculino.

 Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de a URL. Pero certo é
 que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de enderezo
 máis que pola tradución literal na miña opinión.

 Se non lembro mal, no snl da udc hai un documento que trata da utilización das
 maiúsculas, siglas acrónimos, e asuntos relacionados. Penso que o liguei
 desde a guía de estilo. Non está de máis darlle un tento.

   Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe,
   non os contidos da mensaxe)
 
  Coincido.

 Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.
 Xa tardades...

   Adrián Chaves
 [Off-topic] Tu non serás de pontecesures ou así, non?

Ata onde eu sei anda por vigo. Fastidiate marce :)

Xa sei que hai xente á que non lle gusta nada que rule info súa por
internet, pero a aqueles ós que non lle importe moito, que se poñan no
mapa de tradutores:
http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8hl=enmsa=0msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0bll=42.674359,-8.138123spn=0.852159,2.768555t=pz=9

Ata logo,
Leandro Regueiro