O Mar, 24-06-2008 ás 11:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/6/23 Xosé <xoseca...@gmail.com>:

[...]

> > Preferencia da construción "estar a + infinitivo" sobre "estar + xerundio" 
> > por
> > ter menor visibilidade
> 
> Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
> ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

O mesmo digo.

> > Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres (") porque as primeiras non
> > existen en galego.

Eu o certo é que nunca atrás o usara en galego, así que non me
sorprende.

[...]

> > correo-e -> correo electrónico ("correo-e" é un calco de "e-mail" e non ten
> > uso real en galego)
> 
> A veces hai que usar algo máis curto ca correo electrónico. Se
> preferides usar email por min vale.

Pois gústame así, "correo electrónico" para cando sexa posible e "email"
para cando se precise un termo surto.

[...]

> > URL é masculino ("Localizador Uniforme de Recursos")
> 
> Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
> era masculino.

Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de "a URL". Pero certo é
que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de "enderezo"
máis que pola tradución literal na miña opinión.

> > Contents -> Contido, non contidos (anglicismo "o contido da mensaxe", non 
> > "os
> > contidos da mensaxe")
> 
> Coincido.

Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.

Un saúdo!
                Adrián Chaves

Responderlle a