Re: Hifenización

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
 O Martes 09 Setembro 2008 15:16, Miguel Branco escribiu:
 Hyphen en inglés, Hífen en portugués, é guión, o signo ortográfico -
 .. Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.

 trazo, por favor, hífen acáeseme
 Porén
 a nova normativa chámao sempre guión e o VOLGA non di nada ó respecto así
 que eu atéñome a iso. Fixen a tradución hyphen  guión  hyphenization 
 separar con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña).
 Nótese que guionizar existen en galego pero cun significado diferente.
 Si, son as regras se separación silábica, en concreto para saltos de liña.

Ou sexa que é iso de separar por sílabas, non?

 @LEANDRO: Acerca das páxinas de manual, coreutils o último tradutor que tivo
 foi Jacobo en 2002 (iso é o que me di o descompilado do coreutils.mo), ao
 mellor el sabe algo máis. A páxina traducida de aptitude está polo seu
 estilo, así que se debe poder informarte de algo.

Si, pode que teña algo que dicir. Xa falei co mantedor do coreutils e
díxome que traducindo no TP o ficheiro tamén se traducirian as páxinas
man. Estou a ver como se manda un correo físico, e non, non teño
vergoña ningunha por non saber como se envía unha carta por correo
ordinario... por certo, se alguén ten información ó respecto pode
comunicarma.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Cadeas intraducibles en Launchpad

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
On Sat, Sep 13, 2008 at 4:22 PM, Adrián Chaves Fernández
adriyeticha...@gmail.com wrote:
 Sabe alguén se hai algunha forma de evitar que aparezan como non traducidas as
 cadeas de tipo Tradutores, ou Mails dos tradutores, que non poden ser
 traducidas e moitas veces aparecen como tal.

 E máis importante, sabe alguén se iso afecta á hora de empaquetar? (Se non
 meten un paquete porque ten cadeas sen traducir).

 Bueno, iso é todo. A seguir currando! Segundo Launchpad Ubuntu está ao 50. Hai
 que chegar ao 100, e xa!

Para a tradución de Ubuntu úsase outra lista de correo diferente, non
a de Trasno.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: libxfcegui4 e lxtask

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
On Thu, Sep 11, 2008 at 2:04 PM, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com wrote:
 Rematadas as localizacións da bi9blioteca de Xfce libxfcegui4 e do xestor
 de tarefas do proxecto LXDE lxtask

Se ides traducir partes de Xfce avisade antes, para que se traduza o
mesmo dúas veces.

A ver se arranxo o portatil dunha vez por todas e me poño en serio a traducir.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Atallos Openoffice 3.0 RC

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
Respecto do tema dos atallos, non temos que seguir as normas que se
escolleron para outros idiomas, que poden ser máis ou menos axeitadas
para ditos idiomas, senón que debemos seguir o noso propio camiño. Por
iso non estou eu moi a favor das normativas lusistas, xa que parece
que queren converter o galego nunha especie de portugués, cousa que
para min é evidente que non é, nin tampouco estou dacordo cos que
pensan que deberiamos achegarnos ó castelán por ser unha lingua
próxima, xa que o portugués é tan próximo coma o castelán ou máis
ainda.

Así que o dito, para o galego debemos buscar as nosas propias
solucións e non copiar as dos outros, porque moitas veces non serven,
ainda que isto non quere dicir que moitas veces as solucións máis
axeitadas para o galego coincidan cas elixidas para outros idiomas.

Mellor non me meto na outra discusión que non sei moi ben a conto de que ven...

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Cadeas intraducibles en Launchpad

2008-09-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
 2008/9/16 damufo dam...@gmail.com:
  Opinión: Si, usase outra lista, pero penso que tampouco pasa nada porque
  pregunte na de trasno. Coido que non ten tanto tráfico.
  Saúdos

 Xa, pero élle moito máis probable que atope axuda rápido se pregunta
 na outra lista. E si, pode que sexa unha parvada ter outra lista
 separada.

Estaría ben que TODOS os tradutores ao galego de software libre estivesen en 
Trasno, pero é certo que non é así (aínda). Vou preguntalo na lista dos 
tradutores ao galego de Launchpad (non recordaba dela). Grazas ao dous.


Re: libxfcegui4 e lxtask

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/16 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 Nos levamos feito tamén o xfburn, que era o que realmente precisabamos e
 como probamos o lxtaskmanager que é derivado do xfce4-taskmanager e
 coinciden todas menos dúas ou tres liñas, depaso...

Perfecto, así reducimos a carga de traballo e traducimos máis.

 Como supoño que avisaredes por aquí, estaremos atentos e se acaso nos
 asignamos algún paquete.

Vale.

 Parece ser que o navegador Midori entra a formar parte do proxecto Xfce, o
 desenvolvedor é moi él e decide (na versión es) que Show a preview of the
 printed page se traduce por : Mostrar una vista de la página imprimido, e
 ponse el como tradutor... Ô_Ô.

Non é por nada, pero tócanme un pouco as pelotas os que fan iso.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[The Battle for Wesnoth] Nomes de lugar

2008-09-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
No caso de nomes de lugar traducibles, que é o máis aconsellable?

- Non traducir nada
- Traducir unha parte
- Traducir todo

Como exemplos vos poño dous que me xurdiron:
- Blackwater Port / Porto de Blackwater (tradución actual, e a que máis me 
convence) / Porto de Auganegra
- Bay of Pearls / Baía de Pearls / Baía das Perlas (a que máis me gusta, pois 
a historia vai de que escravizan aos habitantes sirénidos e teñen que recoller 
perlas)


Re: [The Battle for Wesnoth] Nomes de lugar

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/16 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 No caso de nomes de lugar traducibles, que é o máis aconsellable?

 - Non traducir nada
 - Traducir unha parte
 - Traducir todo

 Como exemplos vos poño dous que me xurdiron:
 - Blackwater Port / Porto de Blackwater (tradución actual, e a que máis me
 convence) / Porto de Auganegra
 - Bay of Pearls / Baía de Pearls / Baía das Perlas (a que máis me gusta, pois
 a historia vai de que escravizan aos habitantes sirénidos e teñen que recoller
 perlas)

O da Baía das Perlas está traducido, o de Blackwater non lembro, pero
tamen hai un Clearwater. Eu estou por traducir todo. A todo isto tamén
hai que traducir os nomes que usa o xerador aleatorio de nomes de
poboacións.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [The Battle for Wesnoth] Nomes de lugar

2008-09-16 Conversa Miguel Branco

Se vos serve, en KGeograhy eu optei por respectar a grafía orixinal excepto 
nomes moi comúns (por exemplo,London Londres; New York  Nova Iork), non 
traducir o resto e si traducir aquelas parte do topónimo que sexa un accidente 
xeográfico (inda que hai algúns nos que o accidente non é traducidble )


Galipedia e Pantallazos de KDE

2008-09-16 Conversa Miguel Branco

Boas, 

vese que ando vacacional e como non sei que facer de min tendo vacacións 
(vaia, sen cartos pra ir de viaxe) andiven dándolle un pouco de cariño ós 
artigos da Galipedia que me interesas, ese dicir KDE (vl, tamén entorno de 
escritorio). 

Colguei alí pantallazos de KDE localizado, e iso vai para Marce que quedei de 
llos pasar hai atrás))

A cousa é, XD cristo bendito Ubuntu aparace en tódolos artigos que teñan q ver 
coa informática e na cabeceira??: sistema operativo?, toma pantallazo de 
Hardy! cun escueto rodapé que reza Ubuntu! (agora xa non aparece). 
Ubuntu=OS=Linux=Distro....Isto roza o do pensamento único.

Trapalladas aparte; están faltos de cariño os artigos Gnome, Xfce (os 
cales me nego a tocar),  BSD (este tamén, q iso non ten unha licenza xusta) e 
moi especialmente o artigo Linux (o artigo GNU/Linux é excesivamente! 
partidario, aparte de mal feito, e só merece ser eliminado en favor de Linux, 
como fan an inglesa).