Focus normal window when initially mapped

2009-07-18 Conversa Miguel Bouzada
Dúbida:

Focus normal window when initially mapped

Estamos a falar de:
msgid Window properties
msgid Raise windows on focus
msgid Yes
msgid No
msgid Change to the workspace of newly focused windows
msgid Focus normal window when initially mapped

Vexo en Open-tran, no Corpus-mancomun e  duas opcións, mapear e asignar
no CLUVI
http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=mappedlogalizaL2=direccionconsulta=en-gl-logalizavexo
que en WIN tamén empregan conectar e que en KDE4 empregan
convertido e en Debian distribuido

algunha suxestión?

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-18 Conversa Antón Méixome
1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) pero
tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de estatutos
con control de cambios para que se poidan ver.

As erratas ou correccións obvias van simplemente corrixidas. Os cambios
propostos van ademais marcados con cor. Hai bastantes detalles tocado pero o
cambio máis importante é a necesaria distinción de situacións en que unha
persoa ou entidade actúa como socio e cando non. Debido ao sector no que se
inscriben as actividades vai ser totalmente inevitable que ás veces coincida
a faceta profesional e a altruísta. Con deixalo claro soluciónase
facilmente.

3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte

Finalmente, creo que hai un problema co calendario previsto respecto das
Asembleas e o traballo do futuro tesoureiro. Non vexo como se vai casar que
as Asembleas sexan entre outubro de decembro mentres os informes económicos
se fagan a principios de xaneiro ou ben 15 días antes da asemblea ordinaria.
Para min que é contraditorio.

Gran traballo o de Miguel

Saúde,

Antón

2009/7/17 Miguel Branco bandu...@gmail.com

 Teño unha proposta final de estatuto.

 Hai modificacións importantes que se deben a adecuarse ao que debatemos e
 votamos e algunha variación para mellorar a claridade expositiva ou a
 precisión.

 Perdoade o longo e pesado da mensaxe :)

 Dou conta :
 1º, dos resultados da votación que propuxen,
 2º, dos cambios importantes
 3º dos porqués das modificacións
 4º nota persoal

 e pídovos que:
 1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar
 2º avisarades de erratas
 3º propuxerades data para a asemblea

 __ Resultados das votacións __
 == Directiva Xeral:
 1 presidente, 1 secretario 1 tesoureiro: Dani, Marce, Xosé
 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro, vogais a vontade: Leandro, M.
 Bouzada, Eu

 == Duración dos cargos:
 cada dous anos, igual duración: todos

 == Método de elección da directiva:
 *Lista pechada/Presidente por elección directa, elixe directiva: Xosé
 *a asemblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o  presidente
 que nomea a directiva, a asemblea ratifica a nova directiva: Dani
 *a asemblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran na
 directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o
 presidente.
 O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira
 volta.: Marce, Leandro, Eu
 * asemblea vota persoas, individualmente, as máis votadas entran na
 directiva
 por orde de importancia (presidente  vicepresidente ...): M. Bouzada

 == Actas:
 Na mesma sesión: Xosé, M. Bouzada, Dani (indif) ,Eu
 Na seguinte sesión: Marce, Leandro, Dani (indif)

 == Votación electrónica:
 Só en asemblea ordinaria:  Dani, Marce, M. Bouzada, Xosé, Eu
 Tamén en asemblea extraordinaria: Leandro

 __ Cambios importantes __

 Capítulo I.
 Corrección da denominación (art. 1)
 Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art.
 5.1.v  5.2.vi)

 Capítulo II.
 Reincorporase o asociado xuvenil

 Capítulo III.
 Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
 Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
 Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as
 vacantes (art.  12.4  13.3)
 Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas
 corresponden con un asociado (art .14.ix)
 Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)

 Capitulo IV-VI
 (sen cambios)

  Razoamentos das modificacións _
 Capítulo I.
 **Corrección da denominación (art. 1)
 'Proxecto trasno' é a denominación que se empregou inicialmente.
 Especifícase
 o ámbito (cultural) e a actividade (localización de software libre ao
 galego).
 Se alguén se lle ocorre como abrevialo ;)

 **Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art.
 5.1.v  5.2.vi)
 A proposta de Marce, discutido no fío de Maio

 Capítulo II.
 **Reincorporase o asociado xuvenil
 Eliminárao inicialmente, reincorpóroo por se houber menores de idade, que
 necesariamente teñen que ser excluídos da directiva xeral. Descoñezo se é
 obrigado ter este apartado, así que por se acaso, vai incluido.

 Capítulo III.
 **Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
 Votamos case por igual esta proposta e a de incorporar vogais. Como nos
 seguintes artigos se establece que a directiva xeral pode formar comisións
 a
 efectos de delegación de actividades, fago de abogado do demo e entendo que
 non é necesario incorporar vogais.

 O grande problema desta proposta é que hai que eliminar a figura de
 'vicepresidente' e así o fixen. Como a directiva ten, por lei, que estar
 sempre composta por un mínimo de3 persoas, busquei a maneira de adecuar
 isto
 con cubrir as vacantes. Tiven que darlle voltas un cacho, non vos creades
 ;)
 vd. seguintes puntos.

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-18 Conversa Miguel Branco
O Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:08:20 Antón Méixome escribiu:
 1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) 
abofé, revisaches si. Agradécese. Mal que me pese non ver nin 'tódolos' senón 
'todos os' etc e nin ve-lo segundo artigo :(  IMO, unha ultraxe á fonética 
galega

 pero tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de 
estatutos con control de cambios para que se poidan ver.

intelixentes cambios. Recoméndolle ós demais que lle voten un ollo xq hai 
cambios  nos fins da asociación!!.Por min acéptanse todos. 

Hai una proposición que penso que é polémica. A min non me supón problema 
ningún pero poida que o sexa para outros:

Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do galego 
sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos tamén 
noutras normas lingüísticas alternativas. 

vós diredes.

 3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte

Paréceme excesivamente tarde. Dende o momento que se entregue o estatuto en 
presidencia hai que agardar 3 meses para que se faga efectivo que a asociación 
existe legalmente (darredor de outubro). Firmando agora podemos ter a 
asociación andando en 3-4 meses. Se nos reunimos en setembro iso implica non 
ter operativa a asociación ata novembro-decembro. 

Se non nos podemos reunir agora todos,chega con que o fagamos os mínimos 
necesarios e firmemos a acta fundacional. Logo a xente pode adherirse a 
vontade en calquera momento coma socio numerario. Os dereitos dentro da 
asociación son os mesmo, sálvese que non sairían electos na directiva. 
((Bardante de que votemos a directiva online e logo se reúna a directiva))

O importante é que tódolos que queirades estar na asociación opinedes sobre do 
estatuto para que sexa conforme a todos. 

 Finalmente, creo que hai un problema co calendario previsto respecto das
 Asembleas e o traballo do futuro tesoureiro. Non vexo como se vai casar que
 as Asembleas sexan entre outubro de decembro mentres os informes económicos
 se fagan a principios de xaneiro ou ben 15 días antes da asemblea
 ordinaria. Para min que é contraditorio.

certo si,  min pasáraseme desapercibido. A priori non lle vexo problema ós 
cambios neste sentido

 Gran traballo o de Miguel
idem e grazas!

trasno.net 2.0

2009-07-18 Conversa Miguel Branco

Dende que se firme o estatuto temos 3 meses antes de que a asociación sexa 
legalmente operativa. Non viña mal ocupar ese tempo en deseñar a nova web. 

A esa web eu pediríalle:
- Información estática: o proxecto trasno, a asociación, como colaborar...
- Sección de recursos lingüísticos, programación...
- Canle de novas
- Foro
- Blogplanet /blogs persoais
- Perfís individuais (integración facebook, twitter, jabber, identi.ca...)
- Grupos de traballo
- Glosario 
- outras cousas que inda non se me ocorreron :D

Botándolle un ollo a Joomla e Drupal... pois con módulos extensións... é 
posible facer iso.

 Ademais hai por aí cousas como open atrium (http://www.openatrium.com baseado 
en drupal) que me resulta moi moi interesante!.Permite montar unha intranet 
con grupos, blogs para grupos, tarefas, almacén de documentos...

Senón con drupal hai uns cuantos módulos que poderían servir para facer unha 
boa web 'social':
-buddylist  friendlist
-onlinestatusindicator
- advanced forum
- facebook-style statutes
- follow
- heartbeat
- authorpane
- profile blog information 
- share / share this
- drop box integration
-  instant syndicating standars
- microblog
- advanced blog // wordpress import // blogger
- etc etc etc ad nauseam

Lecturas ó respecto: building online comminities with drupal, phpBB and 
wordpress, drupal: ultimate comunnity site guide, drupal 6 social 
networking, building powerful and robust websites with drupal 6

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-18 Conversa damufo

Miguel Branco escribiu:

O Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:08:20 Antón Méixome escribiu:
1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) 
abofé, revisaches si. Agradécese. Mal que me pese non ver nin 'tódolos' senón 
'todos os' etc e nin ve-lo segundo artigo :(  IMO, unha ultraxe á fonética 
galega

pero tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de 

estatutos con control de cambios para que se poidan ver.

intelixentes cambios. Recoméndolle ós demais que lle voten un ollo xq hai 
cambios  nos fins da asociación!!.Por min acéptanse todos. 

Hai una proposición que penso que é polémica. A min non me supón problema 
ningún pero poida que o sexa para outros:

Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do galego 
sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos tamén 
noutras normas lingüísticas alternativas. 

vós diredes.

Aínda non lle botei ollada aos estatutos pero penso que isto sobra.
Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do galego 
sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos tamén 
noutras normas lingüísticas alternativas. 
Eu son da opinión de que o que fai decide igual que o que traduce decide 
a normativa.