O Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:08:20 Antón Méixome escribiu: > 1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) abofé, revisaches si. Agradécese. Mal que me pese non ver nin 'tódolos' senón 'todos os' etc e nin ve-lo segundo artigo :( IMO, unha ultraxe á fonética galega
> pero tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de estatutos con control de cambios para que se poidan ver. intelixentes cambios. Recoméndolle ós demais que lle voten un ollo xq hai cambios nos fins da asociación!!.Por min acéptanse todos. Hai una proposición que penso que é polémica. A min non me supón problema ningún pero poida que o sexa para outros: "Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do galego sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos tamén noutras normas lingüísticas alternativas. " vós diredes. > 3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte Paréceme excesivamente tarde. Dende o momento que se entregue o estatuto en presidencia hai que agardar 3 meses para que se faga efectivo que a asociación existe legalmente (darredor de outubro). Firmando agora podemos ter a asociación andando en 3-4 meses. Se nos reunimos en setembro iso implica non ter operativa a asociación ata novembro-decembro. Se non nos podemos reunir agora todos,chega con que o fagamos os mínimos necesarios e firmemos a acta fundacional. Logo a xente pode adherirse a vontade en calquera momento coma socio numerario. Os dereitos dentro da asociación son os mesmo, sálvese que non sairían electos na directiva. ((Bardante de que votemos a directiva online e logo se reúna a directiva)) O importante é que tódolos que queirades estar na asociación opinedes sobre do estatuto para que sexa conforme a todos. > Finalmente, creo que hai un problema co calendario previsto respecto das > Asembleas e o traballo do futuro tesoureiro. Non vexo como se vai casar que > as Asembleas sexan entre outubro de decembro mentres os informes económicos > se fagan a principios de xaneiro ou ben 15 días antes da asemblea > ordinaria. Para min que é contraditorio. certo si, min pasáraseme desapercibido. A priori non lle vexo problema ós cambios neste sentido > Gran traballo o de Miguel idem e grazas!