1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) pero
tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de estatutos
con control de cambios para que se poidan ver.

As erratas ou correccións obvias van simplemente corrixidas. Os cambios
propostos van ademais marcados con cor. Hai bastantes detalles tocado pero o
cambio máis importante é a necesaria distinción de situacións en que unha
persoa ou entidade actúa como socio e cando non. Debido ao sector no que se
inscriben as actividades vai ser totalmente inevitable que ás veces coincida
a faceta profesional e a altruísta. Con deixalo claro soluciónase
facilmente.

3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte

Finalmente, creo que hai un problema co calendario previsto respecto das
Asembleas e o traballo do futuro tesoureiro. Non vexo como se vai casar que
as Asembleas sexan entre outubro de decembro mentres os informes económicos
se fagan a principios de xaneiro ou ben 15 días antes da asemblea ordinaria.
Para min que é contraditorio.

Gran traballo o de Miguel

Saúde,

Antón






2009/7/17 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>

>
> Teño unha proposta final de estatuto.
>
> Hai modificacións importantes que se deben a adecuarse ao que debatemos e
> votamos e algunha variación para mellorar a claridade expositiva ou a
> precisión.
>
> Perdoade o longo e pesado da mensaxe :)
>
> Dou conta :
> 1º, dos resultados da votación que propuxen,
> 2º, dos cambios importantes
> 3º dos porqués das modificacións
> 4º nota persoal
>
> e pídovos que:
> 1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar....
> 2º avisarades de erratas
> 3º propuxerades data para a asemblea
>
>
> __________ Resultados das votacións __________________________
> == Directiva Xeral:
> 1 presidente, 1 secretario 1 tesoureiro: Dani, Marce, Xosé
> 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro, vogais a vontade: Leandro, M.
> Bouzada, Eu
>
> == Duración dos cargos:
> cada dous anos, igual duración: todos
>
> == Método de elección da directiva:
> *Lista pechada/Presidente por elección directa, elixe directiva: Xosé
> *a asemblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o  presidente
> que nomea a directiva, a asemblea ratifica a nova directiva: Dani
> *a asemblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran na
> directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o
> presidente.
> O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira
> volta.: Marce, Leandro, Eu
> * asemblea vota persoas, individualmente, as máis votadas entran na
> directiva
> por orde de importancia (presidente > vicepresidente >...): M. Bouzada
>
> == Actas:
> Na mesma sesión: Xosé, M. Bouzada, Dani (indif) ,Eu
> Na seguinte sesión: Marce, Leandro, Dani (indif)
>
> == Votación electrónica:
> Só en asemblea ordinaria:  Dani, Marce, M. Bouzada, Xosé, Eu
> Tamén en asemblea extraordinaria: Leandro
>
>
> __________ Cambios importantes ______________________________
>
>
> Capítulo I.
> Corrección da denominación (art. 1)
> Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art.
> 5.1.v & 5.2.vi)
>
> Capítulo II.
> Reincorporase o asociado xuvenil
>
> Capítulo III.
> Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
> Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
> Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as
> vacantes (art.  12.4 & 13.3)
> Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas
> corresponden con un asociado (art .14.ix)
> Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
>
> Capitulo IV-VI
> (sen cambios)
>
> ____________ Razoamentos das modificacións _________________
> Capítulo I.
> **Corrección da denominación (art. 1)
> 'Proxecto trasno' é a denominación que se empregou inicialmente.
> Especifícase
> o ámbito (cultural) e a actividade (localización de software libre ao
> galego).
> Se alguén se lle ocorre como abrevialo ;)
>
> **Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte (art.
> 5.1.v & 5.2.vi)
> A proposta de Marce, discutido no fío de Maio
>
> Capítulo II.
> **Reincorporase o asociado xuvenil
> Eliminárao inicialmente, reincorpóroo por se houber menores de idade, que
> necesariamente teñen que ser excluídos da directiva xeral. Descoñezo se é
> obrigado ter este apartado, así que por se acaso, vai incluido.
>
>
> Capítulo III.
> **Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro (art. 11)
> Votamos case por igual esta proposta e a de incorporar vogais. Como nos
> seguintes artigos se establece que a directiva xeral pode formar comisións
> a
> efectos de delegación de actividades, fago de abogado do demo e entendo que
> non é necesario incorporar vogais.
>
> O grande problema desta proposta é que hai que eliminar a figura de
> 'vicepresidente' e así o fixen. Como a directiva ten, por lei, que estar
> sempre composta por un mínimo de3 persoas, busquei a maneira de adecuar
> isto
> con cubrir as vacantes. Tiven que darlle voltas un cacho, non vos creades
> ;)
> vd. seguintes puntos.
>
> **Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
> A proposta máis votada fora a f. Pero dani propoñía outra similar,  M.
> Bouzada
> prefería que os cargos quedasen determinados por unha primeira volta por
> orde
> de importancia, e Xosé que era partidario de lista pechadas ou similar. En
> fin.
> Redactei o punto en base a proposta (f) e establecendo un xeito de resolver
> o
> problema de eliminar o vicepresidente e cubrir as vacantes. Así que a
> proposta
> son dúas quendas de votacións, unha de 'escolma' de candidatos e outra
> 'segunda volta' á francesa para determinar a posición dos candidatos.
> Nótese
> que considero que poden darse empates, algo agora mesmo previsible cun
> número
> baixo de 'socios'. Votación segreda en 'urna' da que quedan excluídos os
> xuvenís (menores de 18)  e os patrocinadores (misión: evitar influencia de
> empresas na elección da directiva)
>
> **Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as
> vacantes (art.  12.4 & 13.3)
> No método de elección do presidente inclúo o de que o  escolla entre os que
> entran na segunda ronda (que son tantos coma cargos na directiva + 1) quen
> é
> na directiva para conxugar aquilo de se o presidente se leva mal con alguén
> etc coa  'vontade popular'. Os que entran na segunda volta son catro, para
> que
> sobre alguén. (Un é o presidente, que elixe quen dos outros tres é o
> secretario e o tesoureiro e sobra un ).Con isto queda un alguén definido
> por
> se houbera que cubrir vacantes na directiva xeral. Non sería calquera, é
> alguén específico que obtivo votos na elección.
>
> Logo, determino que quen faga de 'vicepresidente' sexa o secretario
> (paréceme
> o lóxico 2º posto nunha directiva a 3), e que o posto que este deixa libre
> temporalmente o cubra ese 'cuarto' nas votacións. Penso que non tería
> sentido
> que cubrise o posto de presidente ese cuarto.
>
> **Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas
> corresponden con un asociado (art .14.ix)
> Paréceme importante dabondo como para que vaia nos estatutos. A alguén lle
> haberá quen reclamar se existen votos duplicados etc
>
> **Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
> Preguntei algo que non tiña sentido: o de cando permitir a delegación de
> voto.
> A pregunta sería: para qué permitir a delegación de voto. Pódese delegar
> voto
> para elixir presidente?. Isto darase habitualmente nas asembleas
> ordinarias,
> excepcionalmente nas extraordinarias. Así que aquí volvo a facer de avogado
> do
> demo. Marco que se pode delegar voto comunicándollo ó secretario (para que
> anote o voto) e facéndoo público, caso de realizar as asembleas
> presencialmente, con antelación e sempre que o que se vota non sexa algo
> ambiguo. Para votacións ordinarias isto supoño que é suficiente. -ie.
> Migramos
> a web a drupal? si, non... Pagámoslle o gasoil ó preside cando vaia de
> marcha?
> non!!... Enténdeseme, non?.
>
> Caso da elección do presidente/directiva  é diferente. O que fixen foi
> dicir
> que se  si podería por correo enviando:
> - un sobre co nome, nº de asociado... (identificador do asociado)
> - un sobre dentro do outro sen identificación co voto por x persoa
> - ábrese o 1º sobre no momento da 1º quenda de votación
> - rexistrase, vota fulanito de tal, e o sobre co voto que o acompaña ponse
> a
> canda os demais
> - compútanse tódolos votos por igual
> Se o voto se entende como segrego só pode valer isto para a 1º quenda de
> votación.
>
>
> ::Notas::
> O estatuto tal como está é bastante ríxido e específico. Pode parecer
> excesivo
> na redacción pero penso que é o mellor para evitar problemas por non
> establecer determinadas cousas. Por exemplo, no modelo de estatuto NON se
> especifica como escoller a directiva. Só se di que se escolle en asemblea
> xeral. Neste estatuto especifícariase ata como resolver empates. Paréceme
> conveniente.
> Logo, tomando como refente ós estatutos de KDE ev. e Gnome foundation,
> introducira  o 'patrocinador' con voz pero sen voto: isto está pensado para
> evitar que a asociación a dirixa 'x' empresa interesada etc. Que conste que
> non penso en ninguén en concreto pero hai que pensar na posibilidade.
>
> Xa vos contarei a que cousas lle teño botado o ollo para trasno.net 2.0 ;)
>
> sen máis, vós diredes!
>
> ala!, marcho de parranda!!
>
>
>

Attachment: estatutoproxectotrasno.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text

Responderlle a