Re: [gzlinux] Re: arrincar

2000-05-12 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez
On Sun, 7 May 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:
 -=[ 2º carta ]=-
 
 creo que sobran comentarios ...
 
   X')))  O de botar é triste, pero a ver se me podedes explicar o
 problema con arrancar/arrincar.  ¿Non ten o mesmo senso que arrincar un
 motor?  Eu o uso de cando en vez, cando iniciar me parece confuso...
 
E que un motor non se arrinca a menos que o queiras chimpar
fora dos palieres...

Como hai que dicer que en galego é arrancar? 
Terei que ir ao ruso, italiano, francés, catalán...  :?  Co de ícone,
creo que nos estamos desfasando un pouco. Por que non ícone?
 

-- 


Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es



Re: [gzlinux] Clipboard e Icon

2000-05-06 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez
 
  http://www.uvigo.es/webs/sli/lexico/index.html
 
 Achtung: Comprobado empiricamente que este dicionário é
 tóxico. Exemplos:
 
 - Arrincar o computador (para eles ordenador)
 
   ¿Que pasa con arrincar?  É unha palabra galega. :-??

   ¿Como queres dicilo? ¿Arrancar, como no português padrão?  Digo o
 de padrão, porque no diccionario portugués tamén se admite arrincar
 (supoño eu que como variante dialectal)

Eu ao meu computador teño-lle cariño, nunca usaria a violéncia con
el, nunca o arrincaria  ;)

 
 - No canto de disco ríxido, disco duro, como en el castellano.
 
   O de computador podo admitilo, pero iso de disco ríxido faime
 gracia. :-DDD
 
Creo que o de icona é insuperável. XDDD

   Para o caso de ordenador/computador... Por exemplo, no castelán da
 península ibérica úsase ordenador por influencia do francés, e no de
 hispanoamérica computadora por influencia do inglés.
 
   Volvendo co do dialecto reintegracionista, ¿non é posible aceptar
 ordenador en Galicia por influencia do castelán (ou do francés se che
 gusta máis)?  ¿Ou vas negar esa influencia que fai que a meirande parte dos
 informáticos galegos prefiran usar disco duro e ordenador fronte a
 disco ríxido e computador?  Só tes que buscar ordenador no
 diccionario portugués para comprobar que tamén está admitida.
 
Segues errado. A situación do galego non é de normalidade, e non
podes recompilar os termos que usa a peña hoxe, e dicer que son correctos.
Exemplo: rodamento (castrapo) , de uso maioritário, face a chumaceira
ou rolamento, que son correctos. Acontez o mesmo.


   Buscarei publicidade en galego de fabricantes de ordenadores.  Só
 coñezo unha e podo asegurar que o papel non estaba nada... ríxido. X')
 
...e dá-lle
 
   E seguindo co tema do dialecto X'), tampouco entendo por que
 usar colar para traducir paste, cando a forma dominante en galego
 é pegar (mec, mec, pode que estea equivocado).

Estás. Non quero ir de listo, mais creo que aqui amosas a tua
ignoráncia sen nengún pudor. Non se trata de ir ao dicionário e ver se hai
unha palavra, sen reparar no seu significado, e dicer: Está admitida,
existe. Explico-me.

  Unha vez máis, como xa estarás a
 adiviñar, pegar tamén está admitido en portugués.
 
Por suposto. En galego, há palavras, que, pola situación de
anormalidade, e influéncia do castellano, perden o seu significado
orixinal, e son reemprazadas polo significado castellano:
Exemplo:
ollomol-besugo; grifo-billa; calamar-lura... e tamén 
_pegar_

Tu seguro que coñeces un paxaro que se chama pega. A que non
sabes de onde ven? A pega (urraca, en castellano, que lo sepas ;) chama-se
asi pola sua mania de roubar cousas metálicas ou chamativas,
especialmente. Porque en portugués, o significado conserva-se, pegar
significa literalmente coller. Polo tanto, para traduzir paste do
inglés, non son tan patético como os castrapos, e digo colar, como digo
autocolante e non pegatina, e como digo bater-lle a alguén no canto
de pegarle a alguien.

A ver cando te das conta de que co castrapo non se vai a nengunha
parte. Vamos cara a desaparición do galego.

 
   Co do dialecto tentei respostar ós teus argumentos baseándome no
 posible na túa concepción da lingua.  Só para demostrar que, nalgúns casos,
 aquilo que ti criticas ós que preferimos a normativa oficial, pode ser
 explicado dende a propia ideoloxía integracionista. :-)

Non me convences, sinto-o ;)
-- 


Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es



Re: [gzlinux] Clipboard e Icon

2000-05-05 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez
On Tue, 2 May 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:

 Ola,
 
   Só quero escoitar opinións acerca da traducción deses termos.
 
 Clipboard:
 *
 
 pt: área de transferência, clipboard
 es: portapapeles, portafolios
 ca: portapapers, porta-retalls, portafolis
 fr: presse-papier
 
   Traduccións usadas ata agora en galego:
 
 portapapeis (=es), portafolios (=es), porta-retallos (=ca), cartafol
 
   O de cartafol foi unha suxerencia da miña curmá, e polo momento cos
 que falei gustoulles (e tamén a min).  Tamén está a opción de cartapacio,
 pero non soa tan ben.
 
   Persoalmente, non me gusta área de transferencia, porta-retallos
 paréceme catalanismo, e portapapeis e portafolios castelanismos (nin sequera
 veñen no diccionario)

Eu farei un comentário na miña liña:
Os termos a adoptar deven ser a ser posível coincidentes co
portugués. É o critério mais económico, menos rebuscado, e coerente. O
galego non é unha língua isolada; pertence a un grupo linguístico
(galego-portugués). Adoptar solucións como portarretallos,
cartafol... son confusas, e portapapeis un castelanismo flagrante.


 
 Icon:
 
 
 pt: ícone (s.m)
 es: icono (s.m)
 fr: icône (s.f)
 ca: icona (s.f)
 
   Aquí estou liado, porque nos diccionarios antigos (o Xerais do 87
 que parece que temos case todos ;-D) di que é icono (s.m), como en
 castelán, pero semella que nos máis modernos os lingüistas decidiron que
 sexa icona (s.f), con xénero feminino coma no francés.
 
Outra vez o mesmo. E aparte, aqui apreza-se a falta de critério e
incoeréncia dos dicionários normativos, que se un dia A, outro dia
B... (bolboreta, volvoreta, expoñente, exponente...) 

Repito o mesmo. Suxiro ícone. Pergunto: por que non?. E que a
min co de icona é que me dá a risa... XD. Non sei quen seria o intelectual
que propuxo tal trapallada. 


   A única referencia que teño é do Xis, pero no Glosario.DBF atopei
 tanto ícone (coma en portugués), como icona.
 
 
   Opinións, respostas, análises...

Espero que gostes ;)

-- 


Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es



Re: [gzlinux] Terminoloxia informatica. En galego, XANELA, por favor

2000-02-06 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez

Ao respeito de ...

 
  Window - Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
fiestra é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
Ademais de que é a única enxebre. :-)))

Desde logo, non é axeitado buscar sempre a enxebreza nas palabras. Hai
que atender outros critérios máis científicos. Un critério simples, de
economia lingüística é recorrer ao portugués, que dá solucións válidas
para o galego:

Isto é como chamar-lle lámias (as do carro de bois! )  as xantes de
aliaxe dos coches. Para iso, chamamos-lle estadullo ou fungueiro ao
cinto de seguranza  ;)

E iso de que fiestra ( espero que o castrapismo ventá non vos pareza
acaído) é maioritário...

... pois non tes nada máis fácil e sinxelo que ir ao portugués, e ver como
resolven a palabra... janela... buf, que pouco enjebre. Aparte, son
+ de 200 MILLONS de persoas... se iso non che parez maioritário, ou que
non teña un standart aceitado... :?

 Por onde se usa tradicionalmente fiestra?. Xanela usa-se popularmente
 cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
 tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
 pequenas.

Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
vexo razón nengunha coerente para non usá-la.

Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.

Un saúdo

Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe