>
> >> http://www.uvigo.es/webs/sli/lexico/index.html
> >
> >Achtung: Comprobado empiricamente que este "dicionário" é
> >tóxico. Exemplos:
>
> >- "Arrincar" o computador (para eles "ordenador")
>
> ¿Que pasa con arrincar? É unha palabra galega. :-??????
> ¿Como queres dicilo? ¿Arrancar, como no "português padrão"? Digo o
> de padrão, porque no diccionario portugués tamén se admite "arrincar"
> (supoño eu que como variante dialectal)
Eu ao meu computador teño-lle cariño, nunca usaria a violéncia con
el, nunca o "arrincaria" ;)
>
> >- No canto de "disco ríxido", "disco duro", como en el castellano.
>
> O de "computador" podo admitilo, pero iso de "disco ríxido" faime
> gracia. :-DDD
>
Creo que o de icona é insuperável. XDDD
> Para o caso de ordenador/computador... Por exemplo, no castelán da
> península ibérica úsase "ordenador" por influencia do francés, e no de
> hispanoamérica "computadora" por influencia do inglés.
>
> Volvendo co do dialecto reintegracionista, ¿non é posible aceptar
> "ordenador" en Galicia por influencia do castelán (ou do francés se che
> gusta máis)? ¿Ou vas negar esa influencia que fai que a meirande parte dos
> informáticos galegos prefiran usar "disco duro" e "ordenador" fronte a
> "disco ríxido" e "computador"? Só tes que buscar "ordenador" no
> diccionario portugués para comprobar que tamén está admitida.
>
Segues errado. A situación do galego non é de normalidade, e non
podes recompilar os termos que usa a peña hoxe, e dicer que son correctos.
Exemplo: "rodamento" (castrapo) , de uso maioritário, face a "chumaceira"
ou "rolamento", que son correctos. Acontez o mesmo.
> Buscarei publicidade en galego de fabricantes de ordenadores. Só
> coñezo unha e podo asegurar que o papel non estaba nada... ríxido. X')
>
...e dá-lle
>
> E seguindo co tema do dialecto X'), tampouco entendo por que
> usar "colar" para traducir "paste", cando a forma dominante en galego
> é "pegar" (mec, mec, pode que estea equivocado).
Estás. Non quero ir de listo, mais creo que aqui amosas a tua
ignoráncia sen nengún pudor. Non se trata de ir ao dicionário e ver se hai
unha palavra, sen reparar no seu significado, e dicer: "Está admitida,
existe". Explico-me.
Unha vez máis, como xa estarás a
> adiviñar, "pegar" tamén está admitido en portugués.
>
Por suposto. En galego, há palavras, que, pola situación de
anormalidade, e influéncia do castellano, perden o seu significado
orixinal, e son reemprazadas polo significado castellano:
Exemplo:
"ollomol"->"besugo"; "grifo"->"billa"; "calamar"->"lura"... e tamén
_pegar_
Tu seguro que coñeces un paxaro que se chama "pega". A que non
sabes de onde ven? A pega (urraca, en castellano, que lo sepas ;) chama-se
asi pola sua "mania" de roubar cousas metálicas ou chamativas,
especialmente. Porque en portugués, o significado conserva-se, "pegar"
significa literalmente "coller". Polo tanto, para traduzir "paste" do
inglés, non son tan patético como os castrapos, e digo "colar", como digo
"autocolante" e non "pegatina", e como digo "bater-lle a alguén" no canto
de "pegarle a alguien".
A ver cando te das conta de que co castrapo non se vai a nengunha
parte. Vamos cara a desaparición do galego.
>
> Co do dialecto tentei respostar ós teus argumentos baseándome no
> posible na túa concepción da lingua. Só para demostrar que, nalgúns casos,
> aquilo que ti criticas ós que preferimos a normativa oficial, pode ser
> explicado dende a propia ideoloxía integracionista. :-)
Non me convences, sinto-o ;)
--
Gonzalo González Rodríguez
[email protected]