Re: "Hifenización"

2008-09-17 Conversa mvillarino
El 17/09/08, mvillarino  escribió:
> >  > Si, son as regras se separación silábica, en concreto para saltos de 
> > liña.
>  >
>  >
>  > Ou sexa que é iso de separar por sílabas, non?
>
>
> Pois si.
>  Nótese que "hifenizar" é a "separación silábica" o que "capitalizar" a
>  "empregar letras maiúsculas".
>
>
>  Nota: Teño rede na casa, se alguén ten información acerca de como se
>  configura unha rede cifrada con wap 120 bits en Debian, agradeceríalle
>  a información.
>

128, claro


Re: "Hifenización"

2008-09-16 Conversa Leandro Regueiro
> O Martes 09 Setembro 2008 15:16, Miguel Branco escribiu:
>> Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-"
>> .. Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.
>
> "trazo", por favor, hífen acáeseme
>> Porén
>> a nova normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así
>> que eu atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization >
>> separar con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)".
>> Nótese que "guionizar" existen en galego pero cun significado diferente.
> Si, son as regras se separación silábica, en concreto para saltos de liña.

Ou sexa que é iso de separar por sílabas, non?

> @LEANDRO: Acerca das páxinas de manual, coreutils o último tradutor que tivo
> foi Jacobo en 2002 (iso é o que me di o descompilado do coreutils.mo), ao
> mellor el sabe algo máis. A páxina traducida de aptitude está polo seu
> estilo, así que se debe poder informarte de algo.

Si, pode que teña algo que dicir. Xa falei co mantedor do coreutils e
díxome que traducindo no TP o ficheiro tamén se traducirian as páxinas
man. Estou a ver como se manda un correo físico, e non, non teño
vergoña ningunha por non saber como se envía unha carta por correo
ordinario... por certo, se alguén ten información ó respecto pode
comunicarma.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: "Hifenización"

2008-09-13 Conversa mvillarino
O Martes 09 Setembro 2008 15:16, Miguel Branco escribiu:

> Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-"
> .. Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.

"trazo", por favor, hífen acáeseme
> Porén 
> a nova normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así
> que eu atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization >
> separar con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)".
> Nótese que "guionizar" existen en galego pero cun significado diferente.
Si, son as regras se separación silábica, en concreto para saltos de liña.

Nota: o viciño está missing, polo que non teño rede. A muller convenceume 
finalmente para pagar os 60€ mensais a telefónica (non me fixen o duro).

@LEANDRO: Acerca das páxinas de manual, coreutils o último tradutor que tivo 
foi Jacobo en 2002 (iso é o que me di o descompilado do coreutils.mo), ao 
mellor el sabe algo máis. A páxina traducida de aptitude está polo seu 
estilo, así que se debe poder informarte de algo.
-- 
Best regards,
MV


Re: "Hifenización"

2008-09-09 Conversa Manuel Souto Pico
http://lists.debian.org/debian-l10n-portuguese/2006/11/msg00062.html
Saúdos, Manuel

2008/9/9 Miguel Branco 

>
> Ese erro xa está subsanado, correxino eu mesmo hai atrás. {
> http://l10n.kde.org/dictionary/search-
>
> translations.php?package=koffice&filename=&teamcode=gl&search=hyphen&submitted=Search<http://l10n.kde.org/dictionary/search-translations.php?package=koffice&filename=&teamcode=gl&search=hyphen&submitted=Search>
> } . BTW, en que versión de Koffice? Poida que apareza na versión 1.5 ou
> 1.6,
> non recordo cal é a vella)).
>
> Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-"
> ..
> Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.  Porén a
> nova
> normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así que eu
> atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization > separar
> con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)". Nótese
> que
> "guionizar" existen en galego pero cun significado diferente.
>
>
> O Tuesday 09 September 2008 14:51:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > Non coñecía esta palabra, pero ten que existir. Atopeina no Kword (á hora
> > de configuralo). Polo visto ten que ver coas correccións ortográficas,
> > porque aínda que non apareza no DiGalego, a busca por "galego
> hifenización"
> > no Google amosa resultados verídicos. Alguén me sabería dicir o que quere
> > dicir?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: "Hifenización"

2008-09-09 Conversa Miguel Branco

Ese erro xa está subsanado, correxino eu mesmo hai atrás. { 
http://l10n.kde.org/dictionary/search-
translations.php?package=koffice&filename=&teamcode=gl&search=hyphen&submitted=Search
 
} . BTW, en que versión de Koffice? Poida que apareza na versión 1.5 ou 1.6, 
non recordo cal é a vella)). 

Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-" .. 
Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.  Porén a nova 
normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así que eu 
atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization > separar 
con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)". Nótese que 
"guionizar" existen en galego pero cun significado diferente. 


O Tuesday 09 September 2008 14:51:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Non coñecía esta palabra, pero ten que existir. Atopeina no Kword (á hora
> de configuralo). Polo visto ten que ver coas correccións ortográficas,
> porque aínda que non apareza no DiGalego, a busca por "galego hifenización"
> no Google amosa resultados verídicos. Alguén me sabería dicir o que quere
> dicir?


Re: "Hifenización"

2008-09-09 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/9 Adrián Chaves Fernández :
> Non coñecía esta palabra, pero ten que existir. Atopeina no Kword (á hora de
> configuralo). Polo visto ten que ver coas correccións ortográficas, porque 
> aínda
> que non apareza no DiGalego, a busca por "galego hifenización" no Google amosa
> resultados verídicos. Alguén me sabería dicir o que quere dicir?

Non sei o que é, pero lembro que ten algo que ver co tema da
lingüística. Se algún lingüísta ou experto no tema nolo pode aclarar
estariamos agradecidos, eu polo menos.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


"Hifenización"

2008-09-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Non coñecía esta palabra, pero ten que existir. Atopeina no Kword (á hora de 
configuralo). Polo visto ten que ver coas correccións ortográficas, porque 
aínda 
que non apareza no DiGalego, a busca por "galego hifenización" no Google amosa 
resultados verídicos. Alguén me sabería dicir o que quere dicir?