Re: As preguntiñas

2001-05-23 Conversa Alberto García
On Fri, 18 May 2001, Jacobo Tarrio wrote:

>  Tamén anda a se traduci-la instalación de Debian (e de regalo, tamén o
> manual de instalación). Alberto García traduciu o dpkg e o dselect, eu estou
> co resto das cousas

Con respecto ó tema do dselect, como dixo Manty algunhas pantallas
da axuda non collen en 80x25, eu non me decatei porque uso 80x34 na casa.

Entón tentarei arranxar a traducción canto antes para que colla en
80x25. De todos xeitos penso que a mellor solución sería que houbese unha
tecla ou algo para poder desprazarse na pantalla de axuda se non colle
todo o texto.

Lémonos

mailto:bert...@yahoo.com  -= Alberto García =-
http://www.geocities.com/bertogg
Clave pública PGP disponible Fidonet: 2:348/105.108

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: As preguntiñas

2001-05-19 Conversa Fco. X. Vázquez Grandal
Jacobo Tarrio wrote:
> 
>  Ei, que dou unha charlacoloquioconferenciacomoochamedesdámeigual sobre o
> Proxecto Trasno, o xoves 24 de maio de 2001 ás 12:00 no salón de actos da
> Facultade de Informática da Coruña. A entrada é libre e gratuita, e ademáis
> hanse regalar CDs e moniños de Ximian (a empresa anteriormente chamada Helix
> Code) :D

Ainda que non vos interese moito o tema da conferencia ou o
conferenciante ide polos monos, que estan DPM; ademais son exclusivos,
está  empiricamente probado que non hai dous iguais. Os CDses levan
XIMIAN GNOME 1.2, asi que estan algo anticuados, pero a cabalo
regalado... boas son tortas. ;)

Hasta chao. Saudos a todos. :-D
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


As preguntiñas

2001-05-18 Conversa Jacobo Tarrio
 Estamos a traballar, o que pasa é que non actualizamo-las novas porque
somos uns preg^H^H^H^Hmodestos :D

 Acaba de se reactiva-lo Free Translation Project, que leva o das
traduccións do software GNU; François Pinard estaba *moi* ocupado, seica,
así que agora os coordenadores do proxecto son Karl Eichwalder e Martin v.
Loewis. Agora están actualizando os paquetes coas traduccións, e hai que
actualizalas (as traduccións). Haberá que agardar, supoño, unha tempada
antes de mandar novos recados de "asigna a Pepiño na equipa brasileira para
o parted" e todo iso :-) Cando remate de actualiza-la libc, porei no CVS as
traduccións actualizadas.

 Tamén anda a se traduci-la instalación de Debian (e de regalo, tamén o
manual de instalación). Alberto García traduciu o dpkg e o dselect, eu estou
co resto das cousas; por suposto, vou mandando as traduccións segundo se van
facendo; a traducción do propio instalador tamén está mandada (así que se
sacaran woody mañá, iría traducida; cunhas poucas erratas que xa teño
localizadas, pero traducida) e só me falta acaba-la documentación (quédanme
coma uns 260kB de docs por traducir X-))).

 De gnome tamén sei que mediorreactivaron iso estes días, que houbo unha
serie de "commits", pero non sei nada máis.

 E do KDE, tampouco sei.

 Ah, e o 24 de maio dou unha charlaponenciaconferenciachamádeocomoqueirades
na Facultade de Informática da Coruña, ás 12:00. Dígoo porque se cadra
alguén ha querer insultarme en persoa, e así facilítaselle a vida :D

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: As preguntiñas

2001-05-18 Conversa A.
On 18 May 2001 15:22:01 +0200, Jacobo Tarrio wrote:
> 
>  Tamén anda a se traduci-la instalación de Debian (e de regalo, tamén o
> manual de instalación). Alberto García traduciu o dpkg e o dselect, eu estou
> co resto das cousas; por suposto, vou mandando as traduccións segundo se van
> facendo; a traducción do propio instalador tamén está mandada (así que se
> sacaran woody mañá, iría traducida; cunhas poucas erratas que xa teño
> localizadas, pero traducida) e só me falta acaba-la documentación (quédanme
> coma uns 260kB de docs por traducir X-))).

anda, mira ... un que traduce doc. :D

>  Ah, e o 24 de maio dou unha charlaponenciaconferenciachamádeocomoqueirades
> na Facultade de Informática da Coruña, ás 12:00. Dígoo porque se cadra
> alguén ha querer insultarme en persoa, e así facilítaselle a vida :D

oh! eu teño exame ao dia seguinte :/ e eu coas gañas que tiña de
vingarme polo que me insultaches na party XNG ... :P~

sería interesante que dixeras o tema do que trata de todas maneiras ...
supoño que de Trasno ... Fran xa me informara hai uns días ;)


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo 

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: As preguntiñas

2001-05-18 Conversa Jacobo Tarrio
O Venres, 18 de Maio de 2001 ás 18:01:44 +0200, Manuel A. Fernandez Montecelo 
escribía:

> sería interesante que dixeras o tema do que trata de todas maneiras ...
> supoño que de Trasno ... Fran xa me informara hai uns días ;)

 Iso... tiña que dici-lo tema X-))

 Ei, que dou unha charlacoloquioconferenciacomoochamedesdámeigual sobre o
Proxecto Trasno, o xoves 24 de maio de 2001 ás 12:00 no salón de actos da
Facultade de Informática da Coruña. A entrada é libre e gratuita, e ademáis
hanse regalar CDs e moniños de Ximian (a empresa anteriormente chamada Helix
Code) :D

 Eu hei estar :D Hei se-lo da cara de susto, detrás do micrófono :DDD

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe