Re: Premio da Xunta a Microsoft por traducirse ó galego

2009-02-26 Conversa damufo

Concordo co escrito.


Leandro Regueiro escribiu:

Pero se algún trasno non o está creo que a
parte referida a Trasno non debería aparecer.

certo, por iso o mando aquí antes de o mandar definitivamente, estou pedindo
que digades se estades de acordo


Eu prefiro que se fale dos voluntarios, que ademais están noutras
partes ademais de en Trasno
http://primewares.com/category/Galician_language/


concordo tamén


... que
Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese
a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco,
catalán

, balear (pódese considerar que teñen a mesma lingua, pero os gobernos son
distintos)

tes razón, escapouseme

o de 'obvias', substitúo por 'ignóraas'


ou por 'obvíaas'.

Ata logo,
 Leandro Regueiro




Re: Premio da Xunta a Microsoft por traducirse ó galego

2009-02-25 Conversa Leandro Regueiro
>> Pero se algún trasno non o está creo que a
>> parte referida a Trasno non debería aparecer.
>
> certo, por iso o mando aquí antes de o mandar definitivamente, estou pedindo
> que digades se estades de acordo

Eu prefiro que se fale dos voluntarios, que ademais están noutras
partes ademais de en Trasno
http://primewares.com/category/Galician_language/

>>>... que
>> > Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese
>> > a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco,
>> > catalán
>>
>> , balear (pódese considerar que teñen a mesma lingua, pero os gobernos son
>> distintos)
>
> tes razón, escapouseme
>
> o de 'obvias', substitúo por 'ignóraas'

ou por 'obvíaas'.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Premio da Xunta a Microsoft por traducirse ó galego

2009-02-25 Conversa Miguel Branco
Pero se algún trasno non o está creo que a
> parte referida a Trasno non debería aparecer.

certo, por iso o mando aquí antes de o mandar definitivamente, estou pedindo 
que digades se estades de acordo

>>... que
> > Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese
> > a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco,
> > catalán
>
> , balear (pódese considerar que teñen a mesma lingua, pero os gobernos son
> distintos)

tes razón, escapouseme

o de 'obvias', substitúo por 'ignóraas'


Re: Premio da Xunta a Microsoft por traducirse ó galego

2009-02-25 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu estou dacordo co escrito. Pero se algún trasno non o está creo que a parte 
referida a Trasno non debería aparecer. Dito isto, dúas cousiñas de nada 
observei:

> Borrador---
>- A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuarios,
> programadores e tradutores que a conforman, e tras o debate oportuno nas
> canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na
> necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova
> feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que
> se di, literalmente:
>
> "O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción
> honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición
> á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade
> lingüística coas novas tecnoloxías."[1]
>
> O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía
> privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo
> do traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia
> menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non
> podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco, catalán

, balear (pódese considerar que teñen a mesma lingua, pero os gobernos son 
distintos)

> e galego
> a outorgar ó premio a unha empresa que non fai máis ca se adaptar á súa
> realidade de mercado. Microsoft pode contar os usuarios dos seus produtos
> en calquera destas tres linguas por centos de miles e percibe anualmente
> desas comunidades de usuarios e, moi especialmente, dos seus respectivos
> gobernos, millóns de euros en conceptos de licenzas. Que Microsoft traduza
> e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis
> ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas
> dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas
> administracións dos gobernos vasco, catalán e galego coas súas respectivas
> institucións locais, consegue afianzarse, ó teren produtos coñecidos e que
> ostentan monopolios, neste sector de mercado inhibindo outras alternativas
> libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e
> correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo.
>
> Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, Trasno
> [2], síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón. Dende a
> comunidade lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de
> xeito anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a comunidade, no seu
> conxunto, conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa  dos
> ambientes de escritorio GNOME  e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu
> entre outras, o entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales
> son todos proxectos de traducións colosais. No seu conxunto, os produtos
> actualmente traducidos constitúen alternativa libre, carente de custo, ós
> produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico,
> non hai máis ca botar unha ollada ós datos do que o software libre é quen
> de ofrecer. O ambiente de escritorio KDE tradúcese a un total de 103
> linguas diferentes e GNOME a 110 linguas e non só se limita ás maioritarias
> coma o Chinés ou o Ruso senón que permite a tradución de calquera lingua
> coma as minoritarias coma o gaélico, o frisón ou o feroés. As linguas
> minoritarias non teñen interese económico para empresas como Microsoft e
> obvias.

(o de "e obvias" non me quedou moi claro)

>
> Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos
> anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito
> decidido e comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI [3] e os
> encontros de tradutores G11N [4] así como que se conseguiran determinadas
> traducións, coma OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes
> esforzos coma positivos. Por iso, ademais de polos motivos anteriores,
> apreciamos a concesión do galardón, a suxestión da Consellería de Política
> Lingüística, coma un xiro na dirección oposta e incorrecta. Porén,
> confiamos e desexamos que a política futura do goberno galego avance
> apoiándose no software libre e erradicando manifestacións incoherentes coma
> esta.
>
>
>
>
> [1] http://novas.xunta.es/node/14062
> [2] www.trasno.net
> [3] http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/presentacion.html
> [4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
> ---
>


Premio da Xunta a Microsoft por traducirse ó galego

2009-02-25 Conversa Miguel Branco
Supoño que xa vistedes isto:

http://novas.xunta.es/node/14079

Na lista de "Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia " que había que dar 
resposta a iso así que presento un _borrador_ para facer público en medios de 
comunicacións, mancomun... Penso que Trasno como tal ten que responder tamén.

Por favor, criticas ó estilo, incoherencias, correccións, o que falta e sobra, 
... 

Borrador
A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuarios, programadores 
e tradutores que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de 
comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de 
facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o 
día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente: 

"O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción 
honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á 
empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade 
lingüística coas novas tecnoloxías."[1]

O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía 
privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo do 
traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia 
menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non 
podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco, catalán e galego a 
outorgar ó premio a unha empresa que non fai máis ca se adaptar á súa 
realidade de mercado. Microsoft pode contar os usuarios dos seus produtos en 
calquera destas tres linguas por centos de miles e percibe anualmente desas 
comunidades de usuarios e, moi especialmente, dos seus respectivos gobernos, 
millóns de euros en conceptos de licenzas. Que Microsoft traduza e ofreza 
servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis ca no 
propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas dos seus 
usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas 
administracións dos gobernos vasco, catalán e galego coas súas respectivas 
institucións locais, consegue afianzarse, ó teren produtos coñecidos e que 
ostentan monopolios, neste sector de mercado inhibindo outras alternativas 
libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e 
correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo.

Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, Trasno [2], 
síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón. Dende a 
comunidade lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de xeito 
anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a comunidade, no seu conxunto, 
conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa  dos ambientes de 
escritorio GNOME  e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu entre outras, o 
entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales son todos proxectos 
de traducións colosais. No seu conxunto, os produtos actualmente traducidos 
constitúen alternativa libre, carente de custo, ós produtos da empresa 
galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico, non hai máis ca botar 
unha ollada ós datos do que o software libre é quen de ofrecer. O ambiente de 
escritorio KDE tradúcese a un total de 103 linguas diferentes e GNOME a 110 
linguas e non só se limita ás maioritarias coma o Chinés ou o Ruso senón que 
permite a tradución de calquera lingua coma as minoritarias coma o gaélico, o 
frisón ou o feroés. As linguas minoritarias non teñen interese económico para 
empresas como Microsoft e obvias. 

Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos 
anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito decidido e 
comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI [3] e os encontros de 
tradutores G11N [4] así como que se conseguiran determinadas traducións, coma 
OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes esforzos coma positivos. 
Por iso, ademais de polos motivos anteriores, apreciamos a concesión do 
galardón, a suxestión da Consellería de Política Lingüística, coma un xiro na 
dirección oposta e incorrecta. Porén, confiamos e desexamos que a política 
futura do goberno galego avance apoiándose no software libre e erradicando 
manifestacións incoherentes coma esta.




[1] http://novas.xunta.es/node/14062
[2] www.trasno.net
[3] http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/presentacion.html
[4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
---