Eu estou dacordo co escrito. Pero se algún trasno non o está creo que a parte referida a Trasno non debería aparecer. Dito isto, dúas cousiñas de nada observei:
> ----------------------------Borrador--------------------------------------- >- A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuarios, > programadores e tradutores que a conforman, e tras o debate oportuno nas > canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na > necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova > feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que > se di, literalmente: > > "O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción > honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición > á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade > lingüística coas novas tecnoloxías."[1] > > O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía > privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo > do traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia > menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non > podemos comprender os motivos que levan ós gobernos vasco, catalán , balear (pódese considerar que teñen a mesma lingua, pero os gobernos son distintos) > e galego > a outorgar ó premio a unha empresa que non fai máis ca se adaptar á súa > realidade de mercado. Microsoft pode contar os usuarios dos seus produtos > en calquera destas tres linguas por centos de miles e percibe anualmente > desas comunidades de usuarios e, moi especialmente, dos seus respectivos > gobernos, millóns de euros en conceptos de licenzas. Que Microsoft traduza > e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis > ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas > dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas > administracións dos gobernos vasco, catalán e galego coas súas respectivas > institucións locais, consegue afianzarse, ó teren produtos coñecidos e que > ostentan monopolios, neste sector de mercado inhibindo outras alternativas > libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e > correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo. > > Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, Trasno > [2], síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón. Dende a > comunidade lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de > xeito anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a comunidade, no seu > conxunto, conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa dos > ambientes de escritorio GNOME e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu > entre outras, o entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales > son todos proxectos de traducións colosais. No seu conxunto, os produtos > actualmente traducidos constitúen alternativa libre, carente de custo, ós > produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico, > non hai máis ca botar unha ollada ós datos do que o software libre é quen > de ofrecer. O ambiente de escritorio KDE tradúcese a un total de 103 > linguas diferentes e GNOME a 110 linguas e non só se limita ás maioritarias > coma o Chinés ou o Ruso senón que permite a tradución de calquera lingua > coma as minoritarias coma o gaélico, o frisón ou o feroés. As linguas > minoritarias non teñen interese económico para empresas como Microsoft e > obvias. (o de "e obvias" non me quedou moi claro) > > Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos > anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito > decidido e comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI [3] e os > encontros de tradutores G11N [4] así como que se conseguiran determinadas > traducións, coma OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes > esforzos coma positivos. Por iso, ademais de polos motivos anteriores, > apreciamos a concesión do galardón, a suxestión da Consellería de Política > Lingüística, coma un xiro na dirección oposta e incorrecta. Porén, > confiamos e desexamos que a política futura do goberno galego avance > apoiándose no software libre e erradicando manifestacións incoherentes coma > esta. > > > > > [1] http://novas.xunta.es/node/14062 > [2] www.trasno.net > [3] http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/presentacion.html > [4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n > --------------------------------------------------------------------------- >----------------------------

