Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
>  Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos
>  e trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
>  americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
>  utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar
>  iso dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e
>  na de SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o
>  diálogo. Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese
>  acento xD
> >>>
> >>> Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar
> >>> palabras (ou quitar letras.
> >>>
> >>> Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»
> >>
> >> Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os
> >> orcos (aínda que me parece non-normativo de máis ;))
> >
> > Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en
> > todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén o
> > emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín,
> > falín...
> >
> > Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a
> > normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa
> > empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como
> > daniel(e).
>
> Resumindo e aceptando ideas propostas:
>
> Ananos: seseo e gheada, pero nada fóra da normativa.
>
> Orcos: seseo e gheada e poñer e ó final e pode que xuntar palabras
> como di Marce e linguaxe máis coloquial (ondo é coloquial, ou non?)
>
> Trolls: como na descrición di que son medio parvos entón usaremos
> linguaxe telegráfica (tipo indios) pero sen seseo nin gheada nin e ó
> final...
>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro

Estou dacordo. Pero vou puntualizar iso de que a fala dos indios non é 
normativa:

Estou seguro de que nas pelis d'A Galega de vaqueiros hai indios e falan como 
se ten asumido que falarían os indios en galego (se ben non creo que os indios 
americanos que falen galego -se é que os hai- o falen así). Por tanto, me 
parece unha forma de fala válida dende un punto de vista normativo (a TVG, 
teóricamente, utiliza a normativa, e hai relativamente pouco ensinárame un de 
vós unha guía -coido que oficial- con "normativa" pr'a escritura de mensaxes de 
móbil acurtadas) e válida abondo pra tela en conta.

Deica.

Dito isto, creo que o seu uso na fala dos trolls é cuestionable. Pola miña 
parte, paréceme unha boa elección.


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-16 Conversa Leandro Regueiro
 Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
 trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
 americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
 utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso
 dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de
 SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
 Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD
>>>
>>> Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras
>>> (ou quitar letras.
>>>
>>> Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»
>>
>> Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os
>> orcos (aínda que me parece non-normativo de máis ;))
>
> Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en
> todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén o
> emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín, falín...
>
> Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a
> normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa
> empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como
> daniel(e).

Resumindo e aceptando ideas propostas:

Ananos: seseo e gheada, pero nada fóra da normativa.

Orcos: seseo e gheada e poñer e ó final e pode que xuntar palabras
como di Marce e linguaxe máis coloquial (ondo é coloquial, ou non?)

Trolls: como na descrición di que son medio parvos entón usaremos
linguaxe telegráfica (tipo indios) pero sen seseo nin gheada nin e ó
final...

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-16 Conversa damufo



Adrián Chaves Fernández escribiu:

O Mércores 15 Abril 2009 13:50:38 victor portela escribiu:

Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso
dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de
SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD

Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras
(ou quitar letras.

Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»


Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os orcos 
(aínda que me parece non-normativo de máis ;))



Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en 
todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén 
o emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín, 
falín...


Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a 
normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa 
empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como 
daniel(e).







Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> O Mércores 15 Abril 2009 13:50:38 victor portela escribiu:
> > Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
> > trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
> > americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
> > utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso
> > dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de
> > SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
> > Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD
>
> Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras
> (ou quitar letras.
>
> Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»

Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os orcos 
(aínda que me parece non-normativo de máis ;))


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-15 Conversa Marce Villarino
O Mércores 15 Abril 2009 13:50:38 victor portela escribiu:
> Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
> trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
> americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
> utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso dos
> indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de SOTBE
> utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
> Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD

Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras (ou 
quitar letras.

Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-15 Conversa victor portela
Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso dos
indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de SOTBE
utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD

2009/4/15 Leandro Regueiro 

> 2009/4/15 Adrián Chaves Fernández :
> >> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada
> e
> >> >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible
> para
> >> >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so
> incluir
> >> >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre'
> para
> >> >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que
> todo
> >> >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos
> >> >> galegofalantes sen ter que ir a google.
> >>
> >> A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
> >> menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
> >> traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
> >> comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.
> >
> > Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é
> similar á
> > dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de
> paso,
> > estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada.
> >
> >> Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
> >> inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...
> >
> > Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas
> > opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do
> contexto.
> >
> >> > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos
> canda
> >> > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é
> a
> >> > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de
> >> > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia.
> >
> > Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.
>
> Vale seseo e gheada, pero para os trolls mais usaremos a linguaxe tipo
> indios norteamericanos...
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-15 Conversa Leandro Regueiro
2009/4/15 Adrián Chaves Fernández :
>> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
>> >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
>> >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
>> >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
>> >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo
>> >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos
>> >> galegofalantes sen ter que ir a google.
>>
>> A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
>> menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
>> traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
>> comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.
>
> Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é similar á
> dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de paso,
> estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada.
>
>> Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
>> inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...
>
> Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas
> opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do contexto.
>
>> > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda
>> > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a
>> > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de
>> > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia.
>
> Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.

Vale seseo e gheada, pero para os trolls mais usaremos a linguaxe tipo
indios norteamericanos...

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-15 Conversa Adrián Chaves Fernández
> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
> >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
> >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
> >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
> >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo
> >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos
> >> galegofalantes sen ter que ir a google.
>
> A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
> menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
> traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
> comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.

Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é similar á 
dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de paso, 
estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada.

> Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
> inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...

Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas 
opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do contexto.

> > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda
> > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a
> > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de
> > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia.

Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-14 Conversa Leandro Regueiro
>> Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
>> minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
>> pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
>> acordo para traducir todos da mesma maneira.
>>
>> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
>> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
>> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
>> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
>> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o
>> que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes
>> sen ter que ir a google.

A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.

Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...

> Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda
> verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a forma
> en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de que sexa a
> pronuncia oficial de toda Galicia.

O do guión non o teño claro, pero se dicides que sí, pois adiante.

> En fin, que se ninguén se opón, seseo e gheada. De todos xeitos, a ver se polo
> menos Leandro le os mails e dá a súa opinión tamén.

Leo, pero estiven sen conexión.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
> minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
> pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
> acordo para traducir todos da mesma maneira.
>
> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o
> que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes
> sen ter que ir a google.

Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda 
verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a forma 
en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de que sexa a 
pronuncia oficial de toda Galicia.

En fin, que se ninguén se opón, seseo e gheada. De todos xeitos, a ver se polo 
menos Leandro le os mails e dá a súa opinión tamén.


Re: [Wesnoth] Lingua dos ananos

2009-04-09 Conversa victor portela
Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi
minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica,
pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un
acordo para traducir todos da mesma maneira.

Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e seseo
non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para tódolos
xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir iso,
ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para facer
máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o que se
inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes sen ter
que ir a google.

Saúdos

Víctor Portela


2009/4/5 Adrián Chaves Fernández 

> Imaxino que os tradutores do Battle for Wesnoth que traducíchedes ou
> estades a
> traducir algunha campaña na que falan personaxes da especie dos ananos,
> notaríades que a súa fala é popular, non respecta as normas do inglés, e
> parece procurar asemellarse á pronuncia que empregan os ananos.
>
> Ata o de agora, eu viña manifestando esta diferencia a través dunha
> tradución
> con seseo, gheada e outras moitas formas do galego falado, que non se
> tiveron
> en conta na normativa escrita. Pero o certo é que meter "fenómenos
> lingüísticos non normativos" ao chou e a esgallo na fala dos ananos podería
> non ser respectuoso coa xente que fala deste xeito, entre os cales,
> nalgunhas
> das formas, me inclúo.
>
> Así e todo, creo que si que sería necesario que os ananos utilizasen
> algunha
> destas formas dialectais non normativas do galego na súa fala para facer a
> distinción de carácter popular que ten o inglés orixinal.
>
> Coido que o mellor sería poñernos dacordo nos rasgos que lle imos aplicar á
> súa fala. Ben elixindo unha zona de Galicia e aplicándolle á fala dos
> ananos
> os fenomenos do lugar, ou ben elixindo diferentes fenómenos de distintas
> partes -o que imaxino sería menos correcto técnicamente, pero menos
> ofensivo
> que se eliximos que os ananos viven nunha zona concreta-.
>
> Pero se isto xa foi falado, facédeme saber cal é o acordo. Insisto en que
> algunha dirferencia coa escrita normativa debería haber.
>
> Un saúdo, e perdoade polo tostón,
>
>Adrián Chaves Fernández
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>