2009/4/15 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e
>> >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para
>> >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir
>> >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para
>> >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo
>> >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos
>> >> galegofalantes sen ter que ir a google.
>>
>> A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou
>> menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como
>> traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan
>> comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.
>
> Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é similar á
> dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de paso,
> estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada.
>
>> Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese
>> inglés inintelixible que usan nesas mensaxes...
>
> Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas
> opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do contexto.
>
>> > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda
>> > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a
>> > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de
>> > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia.
>
> Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.

Vale seseo e gheada, pero para os trolls mais usaremos a linguaxe tipo
indios norteamericanos...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a