Adrián Chaves Fernández escribiu:
O Mércores 15 Abril 2009 13:50:38 victor portela escribiu:
Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso
dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de
SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD
Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras
(ou quitar letras.

Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»

Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os orcos (aínda que me parece non-normativo de máis ;))


Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén o emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín, falín...

Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como daniel(e).




Responderlle a