> >> Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e > >> seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para > >> tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir > >> iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para > >> facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo > >> o que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos > >> galegofalantes sen ter que ir a google. > > A verdade é que eu estíveno traducindo en galego normativo (máis ou > menos) pero non o vexo mal de todo. Agora só queda decidir como > traducimos a fala dos orcos e trolls, sobre todo dos trolls, que falan > comendo palabras, algo estilo indios do oeste norteamericano.
Coido que a fala dos trolls e dos orcos -polo menos a dos orcos- é similar á dos ananos, así que a falta dunha opción alternativa -que dito sexa de paso, estaría moi ben tela- podemos traducir tamén con seseo e gheada. > Por outra parte é algo difícil captar o que queren dicir con ese > inglés inintelixible que usan nesas mensaxes... Si. Eu polo de agora tiven sorte, probando no Wordreference as distintas opcións "ao mellor quixo dicir" que aparecen, e sacando a que é do contexto. > > Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda > > verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a > > forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de > > que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia. Pois daquela o deixamos en seseo e gheada.

