>>>> Buf non sei, na miña campaña é case por completo diálogos entre orcos e
>>>> trolls, igual se fai algo cansino andando con diálogos tipo indios
>>>> americanos, non sei, a min polo menos aborreceríame. Se tal poderíamos
>>>> utilizar outro estilo de galego ou non sei, se tal podemos utilizar iso
>>>> dos indios en campañas con diálogos de trolls moi minoritarios e na de
>>>> SOTBE utilizar galego normativo para que non sexa moi pesado o diálogo.
>>>> Ademáis non me parece moi lóxico que entre eles falen con ese acento xD
>>>
>>> Sempre se poden engadir aes ao principio, es ao final, e xuntar palabras
>>> (ou quitar letras.
>>>
>>> Algo como «Habemos matare o prisoneiro xuntacova ondo pozo»
>>
>> Eu case prefería o dos indios praos trolls, e quizáis algo así pra os
>> orcos (aínda que me parece non-normativo de máis ;))
>
> Eu non traduciría algo non normativo (non usaría o falar dos indios), en
> todo caso empregaría sese e gheada que si os recolle a normativa. Tamén o
> emprego de variantes xeográficas, en O Grove dicimos mirín, cantín, falín...
>
> Sobre o de engadir o "e" ao final tamén o recolle, se non me erro, a
> normativa e penso aínda está en uso (aínda que minoritario). Miña abóa
> empregaba esta forma de falar, tamén o engadía ao final de nomes como
> daniel(e).

Resumindo e aceptando ideas propostas:

Ananos: seseo e gheada, pero nada fóra da normativa.

Orcos: seseo e gheada e poñer e ó final e pode que xuntar palabras
como di Marce e linguaxe máis coloquial (ondo é coloquial, ou non?)

Trolls: como na descrición di que son medio parvos entón usaremos
linguaxe telegráfica (tipo indios) pero sen seseo nin gheada nin e ó
final...

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a