Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia

2009-03-10 Conversa Leandro Regueiro
>> Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura
>> http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das
>> mensaxes que enviei.
>
> Perfeito!, agardo que non tomases a mal os meus anteriores
> comentarios, que xa me teñen dito fora da lista que estaban un pouco
> subidiños.

Xa estamos afeitos a ti. Non te preocupes, é mellor liberar a tensión
ca estoupar :) Por outra parte tes bastante razón, ti non estás
disposto a perder o tempo con estas trapalladas e eu estou algo máis
disposto.


> Cando teña tempo, tras rematar o Tellico e unhas debconf, irei
> corrixindo esas cousas.

Non hai présa, o importante é facelo. Polo de agora só poño erros de
escritura e non as traducións que decidimos que son desaconselladas
por consenso, ainda que nun futuro tamén chegaremos a iso, supoño,
ainda que como aparecen en moitas máis traducións facer unha lista
pode levarnos a vida a non ser que teñamos un programa que nola faga.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia

2009-03-10 Conversa mvillarino
> Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura
> http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das
> mensaxes que enviei.

Perfeito!, agardo que non tomases a mal os meus anteriores
comentarios, que xa me teñen dito fora da lista que estaban un pouco
subidiños.

Cando teña tempo, tras rematar o Tellico e unhas debconf, irei
corrixindo esas cousas.


Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia

2009-03-10 Conversa Leandro Regueiro
2009/3/10 Leandro Regueiro :
>>> De feito estou pensando en escribir un programiña que
>>> traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
>>> directamente as estatísticas con gráficas e todo.
>>
>> Iso, iso, traballa un pouco... :)
>
> A iso vou.
>
>>> @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
>>> maior parte de KDE
>>
>> Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é
>> porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo
>> montes e moreas de traballo.
>
> Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros.
>
>>> e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
>>> destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
>>> sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
>>> corrixindo os erros.
>>
>> Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de
>> traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa
>> irei botándolle un ollo.
>
> Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas
> porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor
> pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo
> para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en
> dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base
> de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención
> humana).

Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura
http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das
mensaxes que enviei.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia

2009-03-10 Conversa Leandro Regueiro
>> De feito estou pensando en escribir un programiña que
>> traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
>> directamente as estatísticas con gráficas e todo.
>
> Iso, iso, traballa un pouco... :)

A iso vou.

>> @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
>> maior parte de KDE
>
> Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é
> porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo
> montes e moreas de traballo.

Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros.

>> e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
>> destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
>> sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
>> corrixindo os erros.
>
> Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de
> traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa
> irei botándolle un ollo.

Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas
porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor
pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo
para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en
dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base
de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención
humana).

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Sobre as mensaxes de terminoloxia

2009-03-09 Conversa Marce Villarino
O Luns 09 Marzo 2009 13:45:41 Leandro Regueiro escribiu:
> vou enviar. De feito estou pensando en escribir un programiña que
> traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
> directamente as estatísticas con gráficas e todo.

Iso, iso, traballa un pouco... :)

> @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
> maior parte de KDE

Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é 
porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo 
montes e moreas de traballo.

> e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
> destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
> sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
> corrixindo os erros.

Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de 
traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa 
irei botándolle un ollo.

> Normalmente deixarei o que considero erros ou
> traducións desaconselladas ó final da lista de traducións que atopei.
>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro