>> De feito estou pensando en escribir un programiña que
>> traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
>> directamente as estatísticas con gráficas e todo.
>
> Iso, iso, traballa un pouco... :)

A iso vou.

>> @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
>> maior parte de KDE
>
> Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é
> porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo
> montes e moreas de traballo.

Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros.

>> e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
>> destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
>> sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
>> corrixindo os erros.
>
> Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de
> traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa
> irei botándolle un ollo.

Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas
porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor
pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo
para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en
dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base
de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención
humana).

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a