2009/3/10 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> De feito estou pensando en escribir un programiña que
>>> traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve
>>> directamente as estatísticas con gráficas e todo.
>>
>> Iso, iso, traballa un pouco... :)
>
> A iso vou.
>
>>> @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da
>>> maior parte de KDE
>>
>> Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é
>> porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo
>> montes e moreas de traballo.
>
> Vale. Entón que lle boten un ollo todos para aprender dos erros.
>
>>> e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría
>>> destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións,
>>> sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir
>>> corrixindo os erros.
>>
>> Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de
>> traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa
>> irei botándolle un ollo.
>
> Vale. Pensareino. Polo de agora vou parar de enviar estatísticas
> porque leva unha chea de tempo confeccionalas e penso que é mellor
> pasar unhas semanas entendendo o código do open-Tran e modificándoo
> para os meus escuros propósitos e despois poder facer estatísticas en
> dous minutos (os dous minutos serán debidos ó tempo de busca na base
> de datos e preparación dos resultados e non á miña intervención
> humana).

Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura
http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das
mensaxes que enviei.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a