>> Creei a páxina na wiki de Trasno para os erros de escritura
>> http://trasno.net/trasno:erros e vou ir incluindo os erros das
>> mensaxes que enviei.
>
> Perfeito!, agardo que non tomases a mal os meus anteriores
> comentarios, que xa me teñen dito fora da lista que estaban un pouco
> subidiños.
Xa estamos afeitos a ti. Non te preocupes, é mellor liberar a tensión
ca estoupar :) Por outra parte tes bastante razón, ti non estás
disposto a perder o tempo con estas trapalladas e eu estou algo máis
disposto.
> Cando teña tempo, tras rematar o Tellico e unhas debconf, irei
> corrixindo esas cousas.
Non hai présa, o importante é facelo. Polo de agora só poño erros de
escritura e non as traducións que decidimos que son desaconselladas
por consenso, ainda que nun futuro tamén chegaremos a iso, supoño,
ainda que como aparecen en moitas máis traducións facer unha lista
pode levarnos a vida a non ser que teñamos un programa que nola faga.
Ata logo,
Leandro Regueiro