O Luns 09 Marzo 2009 13:45:41 Leandro Regueiro escribiu: > vou enviar. De feito estou pensando en escribir un programiña que > traballe contra unha base de datos máis ampla e que me devolve > directamente as estatísticas con gráficas e todo.
Iso, iso, traballa un pouco... :) > @Marce: non é que sexa culpa túa, pero como eres o que está a cargo da > maior parte de KDE Non o estou, dá esa impresión porque aparezo como último tradutor, pero é porque no paso de KDE3 a 4 pasei por (case) todos os ficheiros, xa que houbo montes e moreas de traballo. > e é na tradución de KDE onde aparecen a maioría > destes erros debido sobre todo a que en KDE hai moitas traducións, > sería conveniente que lle botaras un ollo a estas mensaxes para ir > corrixindo os erros. Como dixen hai pouco, neste momento de crise no que andamos estou afogado de traballo. Fai a listaxe, e déixaa na wiki, nun lugar fácil de atopar, e xa irei botándolle un ollo. > Normalmente deixarei o que considero erros ou > traducións desaconselladas ó final da lista de traducións que atopei. > > Ata logo, > Leandro Regueiro

