Re: Sobre KDE

2003-04-30 Conversa Xabi G.
Non se trata de elexir un coordinador
para porse ás ordes del. O único que o coordinador ten que saber
facer é traballar co CVS. Por iso dicía o de Jesús,
que el sabe traballar no CVS, pero de elexir a alguén 
máis creo que se debería coñecer a fondo a administración
dun CVS e comunicarse co equipo de traducción de KDE 
pola teima das liberacións e datas límites.

El Miércoles 30 Abril 2003 01:12, javie...@mundo-r.com escribió:
> ¡Hola boas!
> Moi ben, elixamos un novo coordinador, ¿que tal se facemos unha votación?
> Así queda todo máis "democrático".
> Eu non teño ningún problema en ser o novo coordinador, se se me explica
> _moi ben_ o que teño que facer ;-). Tampoco creo que teñan problema Xabi ou
> MAXIMODUTTI, asi que o meu voto vai para:
>  maximodutti
> xa que é o que leva máis tempo pedindoo, e por eso de non votarme a min
> mesmo ;-). De tódolos xeitos poreime ás ordes de quen sexa...
> Xa sabedes, os que vaiades participar na traducción, votade e nos poñemos a
> traballar xa.
>
> Un saúdo.
>
> PD:para o que gañe so lle pido unha cousa: ¡que suba as miñas traduccións
> xa!
>
> :-D, vémonos.
>
> El Martes, 29 de Abril de 2003 23:48, Jesus Bravo Alvarez escribió:
> > O Martes 29 de Abril de 2003 ás 19:24, Xabi dicía:
> > > Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
> > > zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
> > > establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que
> > > poidas e teñas tempo, case que mellor).
> >
> > Eu tempo teño pouco, de todos modos pode haber dous coordinadores,
> > e eu seguiría a ter a conta no CVS de KDE...
> >
> > O que falta é que decidades quen vai facer de coordinador... Veña!
> > Non é tan difícil! :)  Se cadra era mellor por mail privado, ¿qué
> > dicides?
>
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> poendo "unsubscribe" na mensaxe


pgp5AdBcp8yD2.pgp
Description: signature


Re: Sobre KDE

2003-04-30 Conversa javierjc
¡Hola boas!
Moi ben, elixamos un novo coordinador, ¿que tal se facemos unha votación? Así 
queda todo máis "democrático".
Eu non teño ningún problema en ser o novo coordinador, se se me explica _moi 
ben_ o que teño que facer ;-). Tampoco creo que teñan problema Xabi ou 
MAXIMODUTTI, asi que o meu voto vai para:
 maximodutti
xa que é o que leva máis tempo pedindoo, e por eso de non votarme a min mesmo 
;-). De tódolos xeitos poreime ás ordes de quen sexa...
Xa sabedes, os que vaiades participar na traducción, votade e nos poñemos a 
traballar xa.

Un saúdo.

PD:para o que gañe so lle pido unha cousa: ¡que suba as miñas traduccións xa! 
:-D, vémonos.

El Martes, 29 de Abril de 2003 23:48, Jesus Bravo Alvarez escribió:
> O Martes 29 de Abril de 2003 ás 19:24, Xabi dicía:
> > Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
> > zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
> > establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que poidas
> > e teñas tempo, case que mellor).
>
>   Eu tempo teño pouco, de todos modos pode haber dous coordinadores,
> e eu seguiría a ter a conta no CVS de KDE...
>
>   O que falta é que decidades quen vai facer de coordinador... Veña!
> Non é tan difícil! :)  Se cadra era mellor por mail privado, ¿qué dicides?

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre KDE

2003-04-30 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Martes 29 de Abril de 2003 ás 19:24, Xabi dicía:

> Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
> zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
> establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que poidas e 
> teñas tempo, case que mellor). 

Eu tempo teño pouco, de todos modos pode haber dous coordinadores,
e eu seguiría a ter a conta no CVS de KDE...

O que falta é que decidades quen vai facer de coordinador... Veña!
Non é tan difícil! :)  Se cadra era mellor por mail privado, ¿qué dicides?

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: Sobre KDE

2003-04-29 Conversa Xabi G.
Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que poidas e 
teñas tempo, case que mellor). 

A ver se podemos facer algo por ter o escritorio traducido 
sen necesidade de andar con dous CVS distintos.

E por favor, é cuestión de porse e non de andalo a deixar
mes tras mes ata que se volva a discutir.


El Lunes 21 Abril 2003 20:04, Jesus Bravo Alvarez escribió:
> Ola,
>
>   Desculpas por non estar na conversa, tava em férias ;)
>
>   En primeiro lugar, lamentablemente teño o mesmo problema que
> Jacobo, é dicir, xa quedaron atrás as épocas en que tiña ducias de horas
> mortas, e agora ando ben falto de tempo, ganas e enerxías.
>
>   Sobre o que estivestes a falar estes últimos días, aquí van os meus
> comentarios.
>
>   Para empezar, dous conceptos básicos:
>
> - O máis importante de coordinar a traducción de KDE (e de calquera outro
>   proxecto) está no propio proxecto, non en Trasno. Quero dicir, o esencial
>   é que o coordinador teña acceso ao CVS de KDE, e manteña alí en orde as
>   traduccións (cousa que non se está a facer agora). Ao fin, son esas as
>   traduccións que van facerse oficiais, non importa que a web de KDE en
>   Trasno estea actualizada ou non, non importa mesmo que exista.
>
> - Por extensión, o máis importante de Trasno non é a web, ou o CVS, ou os
>   recursos físicos que poidan existir.  O máis importante é precisamente
>   poder estar xuntos todos os que estamos a facer algo coa traducción do
>   software libre ao galego, e poder colaborar xa que somos poucos, aínda
>   que sexa só para ter unha base común de termos técnicos.
>
>   O que quero dicir é que o tema dos recursos, o servidor web, cvs,
> ftp, ou o que sexa, é algo secundario.  Xa sei que a páxina actualmente dá
> unha pobre imaxe de abandono, pero penso que é máis grave que os usuarios
> finais noten o abandono nas traduccións dos programas.
>
>   Eu xa tiña pensado quitar na web as táboas enormes cos paquetes de
> KDE e GNOME.  Teñen algunha vantaxe, pero os sistemas de actualización e
> ter os repositorios duplicados ao final dan o dobre de traballo.  Quería
> deixar simplemente como referencia principal as propias páxinas de
> estatísticas de GNOME e KDE, que melloraron bastante nos últimos tempos:
>
>   http://i18n.kde.org/stats/gui/HEAD/gl/
>
>   http://developer.gnome.org/projects/gtp/status/gnome-2.2/gl/
>
>   E o CVS quedaría como simple repositorio/histórico local para
> comunicar os traductores cos coordinadores de maneira máis "eficiente" que
> o correo electrónico.
>
>
>   Do tema de recursos/web/etc... non digo máis, se iso xa o
> falariamos máis adiante.  O tema da coordinación de KDE é máis sinxelo.
> Propoñede un novo coordinador, e eu mándolle unha mensaxe ao tipo de i18n
> de KDE, e nunhas horiñas debería ter conta no servidor CVS.  Eu explícolle
> o que faga falta, se cadra mesmo podo quedar eu tamén coa conta do CVS para
> mirar que todo vai ben.
>
>   Veña, rapaces, xa me contaredes, moito ánimo!



pgpzyN6Ai1mtR.pgp
Description: signature


Sobre KDE

2003-04-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Ola,

 
Desculpas por non estar na conversa, tava em férias ;)

En primeiro lugar, lamentablemente teño o mesmo problema que
Jacobo, é dicir, xa quedaron atrás as épocas en que tiña ducias de horas
mortas, e agora ando ben falto de tempo, ganas e enerxías.

Sobre o que estivestes a falar estes últimos días, aquí van os meus
comentarios.

Para empezar, dous conceptos básicos:

- O máis importante de coordinar a traducción de KDE (e de calquera outro
  proxecto) está no propio proxecto, non en Trasno. Quero dicir, o esencial
  é que o coordinador teña acceso ao CVS de KDE, e manteña alí en orde as
  traduccións (cousa que non se está a facer agora). Ao fin, son esas as
  traduccións que van facerse oficiais, non importa que a web de KDE en
  Trasno estea actualizada ou non, non importa mesmo que exista.

- Por extensión, o máis importante de Trasno non é a web, ou o CVS, ou os
  recursos físicos que poidan existir.  O máis importante é precisamente
  poder estar xuntos todos os que estamos a facer algo coa traducción do
  software libre ao galego, e poder colaborar xa que somos poucos, aínda
  que sexa só para ter unha base común de termos técnicos.

O que quero dicir é que o tema dos recursos, o servidor web, cvs,
ftp, ou o que sexa, é algo secundario.  Xa sei que a páxina actualmente dá
unha pobre imaxe de abandono, pero penso que é máis grave que os usuarios
finais noten o abandono nas traduccións dos programas.

Eu xa tiña pensado quitar na web as táboas enormes cos paquetes de
KDE e GNOME.  Teñen algunha vantaxe, pero os sistemas de actualización e
ter os repositorios duplicados ao final dan o dobre de traballo.  Quería
deixar simplemente como referencia principal as propias páxinas de
estatísticas de GNOME e KDE, que melloraron bastante nos últimos tempos:

http://i18n.kde.org/stats/gui/HEAD/gl/

http://developer.gnome.org/projects/gtp/status/gnome-2.2/gl/

E o CVS quedaría como simple repositorio/histórico local para
comunicar os traductores cos coordinadores de maneira máis "eficiente" que
o correo electrónico.


Do tema de recursos/web/etc... non digo máis, se iso xa o
falariamos máis adiante.  O tema da coordinación de KDE é máis sinxelo.
Propoñede un novo coordinador, e eu mándolle unha mensaxe ao tipo de i18n
de KDE, e nunhas horiñas debería ter conta no servidor CVS.  Eu explícolle
o que faga falta, se cadra mesmo podo quedar eu tamén coa conta do CVS para
mirar que todo vai ben.

Veña, rapaces, xa me contaredes, moito ánimo!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe