[Tradutores-Ubuntu] Fwd: Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Antón Méixome
-- Mensaxe reenviada --
De: Antón Méixome 
Data: 22:06 do 22 de febreiro de 2018
Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git
Para: List for coordination of Ubuntu Galician translation team <
ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>


Ola,
Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só
se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a
documentación, manuais, etc.
Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai
aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a
conveniencia de traducir.
En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo
traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de
Mancomún estaba traducida e algún máis.

Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate
a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por
cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como
File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto
aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía
coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con
iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos
reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final
dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor
solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do
de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente.

Que vos parece?

E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un
arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha
persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de,
dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ...

Un saúdo,

Antón Méixome
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Román
 Boas!

 En primeiro lugar, gustaríame comezar cunha reflexión: a tradución
desta aplicación (Ou era «aplicativo»? Aparentemente, a RAG segue sen
admitir o termo...) ten máis importancia da que poida parecer
inicialmente. Neste eido -a xestión de repositorios de código-, a
terminoloxía aínda non está, nin moito menos, afianzada.
 A menos que exista, neste ámbito do desenvolvemento de software, un
precedente importante (Mercurial, SVN, CVS...) que eu descoñeza e que
xa sentara cátedra ao respecto (cousa que dubido, en base a miña
impresión persoal da absoluta falta de consenso, ou, mellor dito, do
único consenso práctico imperante: empregar os termos ingleses sen
traducir), o certo é que poden pasar dúas cousas, dada a
transcendencia de «git»: ou ben asentamos definitivamente a
terminoloxía para esta rama da enxeñaría de software, ou ben
provocaremos o rexeitamento frontal dos usuarios. En ambos casos, a
responsabilidade será grande.

 Dito isto, ignoro cales son os convenios que xa poda haber
establecidos ao respecto, pero dado que uso profesionalmente este
software numerosas veces ao día e me toca bastante o tema, e tendo en
conta a reflexión do parágrafo anterior, voume animar a ofrecer as
miñas propostas por se algunha delas vos parece máis axeitada que as
vistas ata o de agora.
 Admito que máis de unha é algo «creativa», pero neste momento no que,
como xa tratei de resaltar, deberiamos considerar con moito detemento
o vocabulario a empregar, opino que nalgún caso sería desexable buscar
unha opción máis descritiva da acción ou concepto correspondente, na
nosa lingua, que a mera tradución dos termos ingleses.

 Sen máis, velaquí as tedes:

 * commit: Persoalmente, opino que algo do estilo de «consolidar» ou
«consumar» (ou se cadra, incluso, «rexistrar») reflicte, mellor que
«(a)cometer», a natureza desta acción. En español usan «hacer un
commit» (e familia: «hacer un merge», «hacer push», etc. -como vedes,
non traducir os termos non é unha exclusiva nosa-). En portugués
empregan «submeter» (que poderíamos traducir como «someter», aínda que
nun senso que é bastante pouco habitual en galego, polo que daría pé a
confusión). O «enviar» que se comentou antes paréceme desaconsellable,
xa que se asemella moito máis ao concepto detrás do termo «push» que
ao de «commit».

 * merge: «Fusionar» ou «integrar» (esta última é a escollida polos
lusos) son máis que adecuadas, nada que inventar aquí.

 * fetch: «Apañar», «descargar». Gústame un pouco menos «recuperar».
 (Nota: consiste en descargar os posibles cambios que sucederan na
orixe, dende a última sincronización con esta, pero sen integralos co
código local nin facer nada con eles, excepto deixalos gardados na
caché, a espera; o previsible paso seguinte sería un «merge», para
incorporar eses cambios na nosa copia local, aínda que iso dependerá
de se fixemos moitas modificacións locais que diverxeran das feitas no
repositorio remoto e que, polo tanto, requiran unha resolución manual
ou outro tipo de accións)

 * pull: «Traer», «atraer», «absorber». Pola contra, «tirar» non me
parece nada afortunado.
 (Nota: un «pull», [i]grosso modo[/i], sería un «fetch» seguido dun
«merge» inmediatamente a continuación)

 * push: Ademáis do evidente «empuxar / empurrar», que non é demasiado
descritivo na nosa lingua, tamén serían interesantes «impeler» ou,
cambiando un pouco o concepto, «alzar», «elevar», ¿«upar»?... trátase
de mandar os cambios locais consolidados na nosa copia do repositorio
cara a orixe / repositorio / fonte remota.

 * hook: As devanditas «enlace» ou «vínculo» parécenme ben, pero para
diferencialo doutros usos destes termos vou mencionar «enganche». É
unha execución programada, unha acción que se configura para ser
disparada cada vez que ocorra un evento determinado. Por exemplo,
podemos instalar un «hook» para que se execute un «script» (isto
traducíase como «guión»?) xusto antes (ou xusto despois) de facer un
pull (ou un merge, un commit...) O concepto non é exclusivo de «git»,
pode que xa haxa consenso ao respecto nesta comunidade.

 * branch: «Póla» ou «rama» son axeitadas («bifurcación» podería
chegar a ser válida, pero non paga a pena reinventar a roda neste
concepto)

 * diff: Vou deixar caer «cotexo / cotexar» e «colación».

 * status: Supoño que xa haberá un consenso estendido, no eido do
«git» non se utiliza de diferente forma que en calquera outra
aplicación, así que «estado», «condición» ou «situación» parecen as
máis axeitadas.

 * reset: Probablemente tamén haberá consenso... pero nalgúns casos,
no contexto de «git», pode ser interesante ter en mente «rebobinar».

 * checkout: Mmmm, os franceses usan «extraire» («extraer»). Non me
termina de convencer, pero é o mesmo termo que pensara eu, e non se me
ocorre nada mellor. Aquí non foron de axuda as traducións española e
portuguesa.

 * cherry-pick: Ou ben un termo directo, pero probablemente pouco
claro, coma «petiscar», ou quizáis «beliscar», ou ben algo máis
explícito, coma «escolla 

Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Dani

Persoalmente véxo a lista ben.
Tamén o de commit -> acometer


Dani

On 22/02/18 09:15, Miguel Bouzada wrote:

segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser:

Anglès   |  Català  |   Galego
#   -+-
#   ahead|  davant per  |   perante / diante de /ante
#   amend|  esmenar |   emendar
#   broken   |  malmès  |   estragado
#   delta|  diferència  |   diferencia
#   deprecated   |  en desús|   obsoleto / en desuso
#   dry  |  simulació   |   simulación
#   fatal|  fatal   |   fatal
#   hook |  lligam  |   vínculo
#   hunk |  tros|   anaco
#   not supported|  no està admès   |   non está admitido
#   repository   |  dipòsit |   repositorio
#   setting  |  paràmetre   |   parámetro
#   skip |  ometre  |   omitir
#   squelch  |  silenciar   |   silenciar
#   token|  testimoni   |   testemuña
#   unset|  desassignar |   desasignar

O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada 
escribiu:


Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG define
(na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen
saber os perigos aos que se expuñan.

O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:


Boas:

Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O

Dani


On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:


Ola,
Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na
cabeceira do propio PO):
https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45


Saúdos

2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro :


Ola.

Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se
paga a
pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.

Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...

hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])

file por arquivo no canto de por ficheiro

Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa

manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking
porque tes
arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
arquivos
sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
fusionar.»

empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm ',
como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.

erros como «conflicto» (conflito),

Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
MERGE_HEAD)

Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))

Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.

E aquí todo un pouco mesturado
Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.

Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
checkout.

Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
Por exemplo:

git checkout -b 

... todo iso nas 15 primeiras cadeas


Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos
e
estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
tradución
non lle fío moito futuro :-)

O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:

Boas Marcos:

Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.


En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un
glosario
específico onde poñer os termos as súas traducións
commit
merge
branch
push
pull
diff
status
reset
checkout
clone
init
add
staged
amend
...
Aquí hai algo que igual che pode servir.
https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html

Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío
http://termos.trasno.gal/


Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
https://github.com/git/git/tree/master/po
para logo crear o
gl.po

Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa
máis
práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións


Dani

On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:

Ola a todos,

Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que
serve
como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
informático. Non 

Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Miguel Bouzada
segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser:

   Anglès   |  Català  |   Galego
#   -+-
#   ahead|  davant per  |   perante / diante de /ante
#   amend|  esmenar |   emendar
#   broken   |  malmès  |   estragado
#   delta|  diferència  |   diferencia
#   deprecated   |  en desús|   obsoleto / en desuso
#   dry  |  simulació   |   simulación
#   fatal|  fatal   |   fatal
#   hook |  lligam  |   vínculo
#   hunk |  tros|   anaco
#   not supported|  no està admès   |   non está admitido
#   repository   |  dipòsit |   repositorio
#   setting  |  paràmetre   |   parámetro
#   skip |  ometre  |   omitir
#   squelch  |  silenciar   |   silenciar
#   token|  testimoni   |   testemuña
#   unset|  desassignar |   desasignar

O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada 
escribiu:

> Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
> corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG define
> (na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen
> saber os perigos aos que se expuñan.
>
> O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:
>
>> Boas:
>>
>> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O
>>
>> Dani
>>
>>
>> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:
>>
>>> Ola,
>>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na
>>> cabeceira do propio PO):
>>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45
>>>
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro >> >:
>>>
 Ola,
 para o tema da terminoloxía algo hai en:

 http://termos.trasno.gal/


 Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
 Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
 estilo:

 http://trasno.gal/memorias-de-traducion/


 Saúdos

 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada :

> Ola.
>
> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se
> paga a
> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.
>
> Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...
>
> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])
>
> file por arquivo no canto de por ficheiro
>
> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa
>
> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking
> porque tes
> arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
> arquivos
> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
> fusionar.»
>
> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm ',
> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.
>
> erros como «conflicto» (conflito),
>
> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
> MERGE_HEAD)
>
> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))
>
> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.
>
> E aquí todo un pouco mesturado
> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.
>
> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
> checkout.
>
> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
> Por exemplo:
>
> git checkout -b 
>
> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas
>
>
> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos
> e
> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
> tradución
> non lle fío moito futuro :-)
>
> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:
>
> Boas Marcos:
>>
>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.
>>
>>
>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un
>> glosario
>> específico onde poñer os termos as súas traducións
>> commit
>> merge
>> branch
>> push
>> pull
>> diff
>> status
>> reset
>> checkout
>> clone
>> init
>> add
>> staged
>> amend
>> ...
>> Aquí hai algo que igual che pode servir.
>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html
>>
>> Aquí tes por 

Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Miguel Bouzada
Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG define
(na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen
saber os perigos aos que se expuñan.

O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:

> Boas:
>
> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O
>
> Dani
>
>
> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:
>
>> Ola,
>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na
>> cabeceira do propio PO):
>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45
>>
>>
>> Saúdos
>>
>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro :
>>
>>> Ola,
>>> para o tema da terminoloxía algo hai en:
>>>
>>> http://termos.trasno.gal/
>>>
>>>
>>> Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
>>> Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
>>> estilo:
>>>
>>> http://trasno.gal/memorias-de-traducion/
>>>
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>> 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada :
>>>
 Ola.

 Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se paga
 a
 pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.

 Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...

 hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])

 file por arquivo no canto de por ficheiro

 Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa

 manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking porque
 tes
 arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
 arquivos
 sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
 fusionar.»

 empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
 Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm ',
 como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.

 erros como «conflicto» (conflito),

 Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
 MERGE_HEAD)

 Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))

 Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.

 E aquí todo un pouco mesturado
 Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.

 Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
 experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
 feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
 checkout.

 Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
 podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
 Por exemplo:

 git checkout -b 

 ... todo iso nas 15 primeiras cadeas


 Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos e
 estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
 tradución
 non lle fío moito futuro :-)

 O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani  escribiu:

 Boas Marcos:
>
> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.
>
>
> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un glosario
> específico onde poñer os termos as súas traducións
> commit
> merge
> branch
> push
> pull
> diff
> status
> reset
> checkout
> clone
> init
> add
> staged
> amend
> ...
> Aquí hai algo que igual che pode servir.
> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html
>
> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío
> http://termos.trasno.gal/
>
>
> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
> https://github.com/git/git/tree/master/po
> para logo crear o
> gl.po
>
> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa
> máis
> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións
>
>
> Dani
>
> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:
>
> Ola a todos,
>>
>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que
>> serve
>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de traduccións;
>> de
>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear novas
>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se o
>> estou
>> a facer ben.
>> Grazas.
>>
>> Saúdos,
>>
>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/
>> git/+pots/git/gl/+translate
>>
>>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>