Persoalmente véxo a lista ben.
Tamén o de commit -> acometer


Dani

On 22/02/18 09:15, Miguel Bouzada wrote:
segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser:

    Anglès           |  Català          |   Galego
#   -----------------+---------------------------------
#   ahead            |  davant per      |   perante / diante de /ante
#   amend            |  esmenar         |   emendar
#   broken           |  malmès          |   estragado
#   delta            |  diferència      |   diferencia
#   deprecated       |  en desús        |   obsoleto / en desuso
#   dry              |  simulació       |   simulación
#   fatal            |  fatal           |   fatal
#   hook             |  lligam          |   vínculo
#   hunk             |  tros            |   anaco
#   not supported    |  no està admès   |   non está admitido
#   repository       |  dipòsit         |   repositorio
#   setting          |  paràmetre       |   parámetro
#   skip             |  ometre          |   omitir
#   squelch          |  silenciar       |   silenciar
#   token            |  testimoni       |   testemuña
#   unset            |  desassignar     |   desasignar

O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
escribiu:

Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG define
(na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen
saber os perigos aos que se expuñan.

O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:

Boas:

Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O

Dani


On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:

Ola,
Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na
cabeceira do propio PO):
https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45


Saúdos

2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com
:
Ola,
para o tema da terminoloxía algo hai en:

http://termos.trasno.gal/


Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
estilo:

http://trasno.gal/memorias-de-traducion/


Saúdos

2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:

Ola.

Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se
paga a
pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.

Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...

hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])

file por arquivo no canto de por ficheiro

Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa

manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking
porque tes
arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
arquivos
sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
fusionar.»

empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>',
como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.

erros como «conflicto» (conflito),

Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
MERGE_HEAD)

Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))

Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.

E aquí todo un pouco mesturado
Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.

Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
checkout.

Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
Por exemplo:

git checkout -b <nome-da-nova-póla>

... todo iso nas 15 primeiras cadeas


Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos
e
estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
tradución
non lle fío moito futuro :-)

O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:

Boas Marcos:
Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.


En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un
glosario
específico onde poñer os termos as súas traducións
commit
merge
branch
push
pull
diff
status
reset
checkout
clone
init
add
staged
amend
...
Aquí hai algo que igual che pode servir.
https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html

Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío
http://termos.trasno.gal/


Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
https://github.com/git/git/tree/master/po
para logo crear o
gl.po

Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa
máis
práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións


Dani

On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:

Ola a todos,
Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que
serve
como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de traduccións;
de
feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear novas
suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se
o estou
a facer ben.
Grazas.

Saúdos,

[1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/
git/+pots/git/gl/+translate



--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl



--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl



--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org







--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a