Ola, Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde:
1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían estar estandarizadas: atopar-achar-encontrar buscar-procurar-pescudar mostrar-amosar trocar-cambiar-mudar arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se as traducións veñen de proxectos distintos... 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo. De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a redacción en inglés xa é penosa. Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber + preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo. Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse varias destas formas sen que pase nada. Exemplo: * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo traducir que codificar. Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!! 2009/11/8 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do dito, > xa que concordo con todo, senon que quero engadir. > > Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os > paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que estabelece > Ubuntu. > Revixei xa: > bootloader - 76 liñas > e estou a rematar (faltanme +/- 400) > debian-instaler - 1596 liñas > > Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a > debian coas modificacións que ten unha respecto da outra. > > Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete, a > falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que > abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo ficheiro > se emprega de xeito aleatorio cousas como > atopar-achar-encontrar > buscar-procurar-pescudar > mostrar-amosar > trocar-cambiar-mudar > arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) > > Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas, así > que tocarános "muxir" :-) ben a Antón. > > Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non > incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas > verbais compostas > LILO ha tomar o control completo > Para se defender contra isto > o sistema instalado non se ha iniciar > Pode ser porque decidiu non o facer > Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas > modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal > Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar. > Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar > Esta información hase empregar > Ha ter que indicar un contrasinal para > que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a > posibilidade de se facer root > > Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da tradución, > este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos a min) e > fanse cousas como: > > paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que > poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo. > > o lóxico sería ... para instalalo. Este.... > > ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir > > Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa que > senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto eu a > estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira > nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame moi > de "papa mira lo que aprendí en el cole". :) > > Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia, > revisando estas cousas. > > > 2009/11/8 Fran Dieguez <[email protected]> > >> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- >> Hash: SHA1 >> >> José Manuel Castroagudín Silva escribiu: >> > Boas xente, >> > >> > Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a >> > tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo, >> > sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e >> > así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non? >> Bo comezo >> > >> > Cousas que apoiarían esta decisión: >> > - Será unha LTS >> > - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles >> > de homoxeneización, calidade, etc, etc >> Hurra! >> > >> > Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes: >> > - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións, >> > expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e >> > bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje >> Estou de acordo >> > - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as >> > importacións/conxelacións/como lle chamen a iso. >> Aleluia non son o único que o dí! >> > - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que >> > se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia", >> > "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos, >> > poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse >> > de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil), >> > >> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con >> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para >> atopar e resolver bugs é moi produtivo. >> >> Nese sentido podemos aplicar o mesmo. >> >> > Cousas que seguramente resultarían máis complicadas: >> > - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo >> > estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream, >> > sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa >> > en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"... >> >> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha >> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das >> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa >> documentación ata ter este primeiro paso feito. >> >> > >> > Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez? >> > Comentarios? >> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de >> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir >> adecuando o noso calendario a ditos fitos. >> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar >> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia, >> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección. >> >> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo >> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de >> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e >> se me pode dar ben. >> >> Suxestións? >> - -- >> Fran Diéguez >> http://www.mabishu.com - [email protected] >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >> >> >> -----BEGIN PGP SIGNATURE----- >> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) >> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ >> >> iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV >> e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230 >> =8djb >> -----END PGP SIGNATURE----- >> >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > > > > -- > Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, > .ppt, .pptx > > Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO > (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ > > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala > [email protected] > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Saúdos, Xosé Antonio Rubal. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
