2009/11/8 Xosé Antonio Rubal López <[email protected]> > Ola, > > Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo > caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde: > > 1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían > estar estandarizadas: > > atopar-achar-encontrar > buscar-procurar-pescudar > mostrar-amosar > trocar-cambiar-mudar > arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) > > Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se > as traducións veñen de proxectos distintos... > > 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo. > De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu > atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables > construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos > atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a > redacción en inglés xa é penosa. > > Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber + > preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é > galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do > infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo. > > Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e > naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua > rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto > non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse > varias destas formas sen que pase nada. Exemplo: > > * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar > * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar > > Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a > tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo > traducir que codificar. > > Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!! >
Precisamente!!! Esa é razón do meu comentario, tratar de achegar criterios que non fagan da interface de Ubuntu un catálogo de estilos literarios ou de modismos zonais, se ben é certo que a riqueza da linguaxe debe ser alta, debemos ter en conta a quen vai dirixido o traballo de tradución. Isto lévame a que adoecemos dunha cultura de emprego do galego nas cousas técnicas e que si facemos unha escritura (que será unha lectura/comprensión) complexa, afastaremos a moita xente "novicia" do galego nas cousas tecnoloxicas por non teren feito unha tradución máis comprensible. Outra cousa a ter en conta, por exemplo con mostrar/amosar ou buscar/procurar pareceme ben que se usen as dúas, pero non no mesmo aplicativo. O que estou a facer cando corrixo e ver cal é a maioritaria dentro do aplicativo en cuestión e corrixir de xeito que dentro dese aplicativo sempre se use a mesma voz. Ademáis temos os modismos, como exemplo un caso do equipo de ubuntu-es, decidíuse non empregar o til en "video" xa que. ademáis de ser correcto no castelán de españa é mairitario no castelán de sur américa. Isto lévame a que procuremos unhas traducións o máis neutras e alonxadas dos modismos ou de "xeitos" persoais, como empregar termos mariñeiros xa que é o que se fala no meu pueblo ou termos agro-gandeiros, xa que eu son da montaña lucense.... Xa que isto é un equipo... abrimos o debate! > > 2009/11/8 Miguel Bouzada <[email protected]>: > > Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do > dito, > > xa que concordo con todo, senon que quero engadir. > > > > Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os > > paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que > estabelece > > Ubuntu. > > Revixei xa: > > bootloader - 76 liñas > > e estou a rematar (faltanme +/- 400) > > debian-instaler - 1596 liñas > > > > Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a > > debian coas modificacións que ten unha respecto da outra. > > > > Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete, > a > > falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que > > abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo > ficheiro > > se emprega de xeito aleatorio cousas como > > atopar-achar-encontrar > > buscar-procurar-pescudar > > mostrar-amosar > > trocar-cambiar-mudar > > arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) > > > > Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas, > así > > que tocarános "muxir" :-) ben a Antón. > > > > Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non > > incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas > > verbais compostas > > LILO ha tomar o control completo > > Para se defender contra isto > > o sistema instalado non se ha iniciar > > Pode ser porque decidiu non o facer > > Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas > > modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal > > Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar. > > Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar > > Esta información hase empregar > > Ha ter que indicar un contrasinal para > > que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a > > posibilidade de se facer root > > > > Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da > tradución, > > este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos a min) e > > fanse cousas como: > > > > paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que > > poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo. > > > > o lóxico sería ... para instalalo. Este.... > > > > ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir > > > > Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa > que > > senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto eu > a > > estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira > > nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame > moi > > de "papa mira lo que aprendí en el cole". :) > > > > Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia, > > revisando estas cousas. > > > > > > 2009/11/8 Fran Dieguez <[email protected]> > > > >> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > >> Hash: SHA1 > >> > >> José Manuel Castroagudín Silva escribiu: > >> > Boas xente, > >> > > >> > Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a > >> > tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo, > >> > sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e > >> > así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non? > >> Bo comezo > >> > > >> > Cousas que apoiarían esta decisión: > >> > - Será unha LTS > >> > - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles > >> > de homoxeneización, calidade, etc, etc > >> Hurra! > >> > > >> > Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes: > >> > - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións, > >> > expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e > >> > bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje > >> Estou de acordo > >> > - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as > >> > importacións/conxelacións/como lle chamen a iso. > >> Aleluia non son o único que o dí! > >> > - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que > >> > se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia", > >> > "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos, > >> > poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse > >> > de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil), > >> > > >> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con > >> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para > >> atopar e resolver bugs é moi produtivo. > >> > >> Nese sentido podemos aplicar o mesmo. > >> > >> > Cousas que seguramente resultarían máis complicadas: > >> > - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo > >> > estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream, > >> > sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa > >> > en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"... > >> > >> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha > >> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das > >> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa > >> documentación ata ter este primeiro paso feito. > >> > >> > > >> > Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez? > >> > Comentarios? > >> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de > >> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir > >> adecuando o noso calendario a ditos fitos. > >> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar > >> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia, > >> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección. > >> > >> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo > >> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de > >> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e > >> se me pode dar ben. > >> > >> Suxestións? > >> - -- > >> Fran Diéguez > >> http://www.mabishu.com - [email protected] > >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > >> > >> > >> -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > >> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) > >> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ > >> > >> iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV > >> e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230 > >> =8djb > >> -----END PGP SIGNATURE----- > >> > >> -- > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list > >> [email protected] > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > >> > > > > > > > > -- > > Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, > .xlsx, > > .ppt, .pptx > > > > Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO > > (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ > > > > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala > > [email protected] > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > [email protected] > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > > > -- > Saúdos, > > Xosé Antonio Rubal. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
