2009/11/9 Leandro Regueiro <[email protected]> > >>>>> Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar > a > >>>>> tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo, > >>>>> sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e > >>>>> así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non? > >>>> > >>>> Bo comezo > >>>> > >>>>> Cousas que apoiarían esta decisión: > >>>>> - Será unha LTS > >>>>> - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles > >>>>> de homoxeneización, calidade, etc, etc > >>>> > >>>> Hurra! > >>>> > >>>>> Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes: > >>>>> - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo > colaboracións, > >>>>> expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes > e > >>>>> bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje > >>>> > >>>> Estou de acordo > >>>> > >>>>> - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as > >>>>> importacións/conxelacións/como lle chamen a iso. > >>>> > >>>> Aleluia non son o único que o dí! > >>>> > >>>>> - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que > >>>>> se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia", > >>>>> "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos, > >>>>> poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse > >>>>> de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil), > >>>> > >>>> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con > >>>> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto > para > >>>> atopar e resolver bugs é moi produtivo. > >>>> > >>>> Nese sentido podemos aplicar o mesmo. > >>>> > >>>>> Cousas que seguramente resultarían máis complicadas: > >>>>> - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo > >>>>> estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream, > >>>>> sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa > >>>>> en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"... > >>>> > >>>> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha > >>>> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das > >>>> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa > >>>> documentación ata ter este primeiro paso feito. > >>>> > >>>>> Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez? > >>>>> Comentarios? > >>>> > >>>> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de > >>>> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para > ir > >>>> adecuando o noso calendario a ditos fitos. > >>>> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos > estar > >>>> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia, > >>>> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección. > >>>> > >>>> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se > podo > >>>> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de > >>>> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer > e > >>>> se me pode dar ben. > >>>> > >>>> Suxestións? > >>> > >>> Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do > >>> dito, xa que concordo con todo, senon que quero engadir. > > Quizais non se debería facer máis. Dificulta un chisco seguir o fío. > > >>> Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os > >>> paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que > >>> estabelece Ubuntu. > >>> Revixei xa: > >>> bootloader - 76 liñas > >>> e estou a rematar (faltanme +/- 400) > >>> debian-instaler - 1596 liñas > >>> > >>> Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a > >>> debian coas modificacións que ten unha respecto da outra. > >>> > >>> Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións > actualmete, > >>> a falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío > que > >>> abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo > >>> ficheiro se emprega de xeito aleatorio cousas como > >>> atopar-achar-encontrar > >>> buscar-procurar-pescudar > >>> mostrar-amosar > >>> trocar-cambiar-mudar > >>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) > >>> > >>> Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas > lingüisticas, > >>> así que tocarános "muxir" :-) ben a Antón. > > Moi boa :) Cres que nos dará bo leite? > > >>> Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non > >>> incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de > formas > >>> verbais compostas > >>> LILO ha tomar o control completo > >>> Para se defender contra isto > >>> o sistema instalado non se ha iniciar > >>> Pode ser porque decidiu non o facer > >>> Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas > >>> modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal > >>> Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar. > >>> Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar > >>> Esta información hase empregar > >>> Ha ter que indicar un contrasinal para > >>> que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a > >>> posibilidade de se facer root > >>> > >>> Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da > >>> tradución, este emprego de formas con infinitivo desespera a ún > (alomenos > >>> a min) e fanse cousas como: > >>> > >>> paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas > que > >>> poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo. > >>> > >>> o lóxico sería ... para instalalo. Este.... > >>> > >>> ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir > >>> > >>> Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final > xa > >>> que senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle > noto eu > >>> a estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso > devira > >>> nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero > resultame > >>> moi de "papa mira lo que aprendí en el cole". :) > >>> > >>> Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia, > >>> revisando estas cousas. > >> > >> Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo > >> caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde: > >> > >> 1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían > >> estar estandarizadas: > >> > >>> atopar-achar-encontrar > >>> buscar-procurar-pescudar > >>> mostrar-amosar > >>> trocar-cambiar-mudar > >>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) > >> > >> Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se > >> as traducións veñen de proxectos distintos... > > Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas > posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De > feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro > caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo > dita mensaxe. >
O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada un "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a completar unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non incorporar un novo estilo :) > > >> 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo. > >> De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu > >> atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables > >> construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos > >> atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a > >> redacción en inglés xa é penosa. > >> > >> Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber + > >> preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é > >> galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do > >> infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo. > >> > >> Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e > >> naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua > >> rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto > >> non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse > >> varias destas formas sen que pase nada. Exemplo: > >> > >> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar > >> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar > >> > >> Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a > >> tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo > >> traducir que codificar. > >> > >> Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!! > > > > Precisamente!!! > > > > Esa é razón do meu comentario, tratar de achegar criterios que non fagan > da > > interface de Ubuntu un catálogo de estilos literarios ou de modismos > zonais, > > se ben é certo que a riqueza da linguaxe debe ser alta, debemos ter en > conta > > a quen vai dirixido o traballo de tradución. Isto lévame a que adoecemos > > dunha cultura de emprego do galego nas cousas técnicas e que si facemos > unha > > escritura (que será unha lectura/comprensión) complexa, afastaremos a > moita > > xente "novicia" do galego nas cousas tecnoloxicas por non teren feito > unha > > tradución máis comprensible. > > > > Outra cousa a ter en conta, por exemplo con mostrar/amosar ou > > buscar/procurar pareceme ben que se usen as dúas, pero non no mesmo > > aplicativo. O que estou a facer cando corrixo e ver cal é a maioritaria > > dentro do aplicativo en cuestión e corrixir de xeito que dentro dese > > aplicativo sempre se use a mesma voz. > > > > Ademáis temos os modismos, como exemplo un caso do equipo de ubuntu-es, > > decidíuse non empregar o til en "video" xa que. ademáis de ser correcto > no > > castelán de españa é mairitario no castelán de sur américa. Isto lévame a > > que procuremos unhas traducións o máis neutras e alonxadas dos modismos > ou > > de "xeitos" persoais, como empregar termos mariñeiros xa que é o que se > fala > > no meu pueblo ou termos agro-gandeiros, xa que eu son da montaña > lucense.... > > > > Xa que isto é un equipo... abrimos o debate! > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
