2009/11/9 Román <[email protected]> > 2009/11/9 Leandro Regueiro <[email protected]>: > >>> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas > >>> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De > >>> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro > >>> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo > >>> dita mensaxe. > >> > >> O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a > >> este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun > >> mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada > un > >> "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a > completar > >> unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non > incorporar un > >> novo estilo :) > > > > É importante se queremos reaproveitar as traducións dun proxecto para > > traducir mellor e máis rápido outro diferente. > > > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > [email protected] > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > Se cadra non era mala idea facer un documento, por cada aplicativo, > onde se describa que estilo se empregará no mesmo. Para iso habería > que aclarar cales son os aspectos a constatar no mesmo (ante todo, > terminoloxía, e cantas palabras dentro deste apartado deben ser > definidas -fiestra/xanela, amosar/mostrar, computadora/máquina/host/, > ...-, pero tamén gramática, por exemplo, co estilo preferido para as > perífrases verbais e a colocación do pronome, o estilo dos artigos > -ligados ou desligados, en contracción coma "ó" ou coma "ao", ...-), > tendo en conta, tamén, que xa hai unha regras de estilo, acordadas de > antemán, para todas as traducións. Ou igual estou sendo demasiado > esaxerado, porque moito definir pode ser patolóxico (por dicir algo, > podería ser mellor deixar liberdade na colocación do pronome, xa que > non supón ningún problema real). >
En Ubuntu, neste momento só son 1601 ficheiros.... Se te animas a comezar, daremosche moitos, algo así como 1601, para que o fagas :) Fora coñas, iso creo que é excesivo, só que cando alguen se poña a incorparar unha(s poucas) liña(s) revise os termos conflictivos e sobre iso si que se pode facer unha pequena (ou non tanto) táboa. > > Román > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
