2010/4/26 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > 2010/4/26 Román <roman.pena.pe...@gmail.com>: >> 2010/4/26 Anton Méixome <meix...@certima.net>: >>> 2010/4/26 Román <roman.pena.pe...@gmail.com>: >>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >>>>>> 2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >>>>>>> Se entendemos LTS (Long Term Support) como un termo de "marketing" >>>>>>> referente a "Máis estábel e asistida durante máis tempo" (cousa que >>>>>>> considero moi axeitada) poderíamos tentar alcuñar unha expresión e o >>>>>>> seu acrónimo, que reflectise esa idea. >>>>>>> >>>>>>> Iniciamos unha "brainstorming" :-) >>>>>>> >>>>>> Versión Consolidada >>>>>> Edición Consolidada >>>>>> >>>>>> consolidar >>>>>> v t Facer máis sólida, firme ou estable algunha cousa. >>>>>> v pron Adquirir alguén ou algo solidez, firmeza ou estabilidade. >>>>>> >>>>> >>>>> _V_ersión _C_onsolidada a _L_ongo _Prazo_ >>>>> >>>>> -- >>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>>>> >>>> >>>> Que tal "Asistencia de Duración Estendida"?, ou, para evitar a >>>> "colisión" de significados da palabra "estendida", que vos parece >>>> "Asistencia de Duración Prolongada"? >>>> >>>> -- >>>> Román >>>> >>> >>> Outra idea, outro enfoque >>> >>> versión LTS (de Longo Termo en Servizo) >>> >> >> Gústame a idea de reutiliza-lo acrónimo inglés, pero a frase soa un >> pouco forzada, NMHO. >> ¿Que tal "Longo Tempo en/de Servizo"? Tampouco me termina de >> convencer, pero vouna deixar caer, xunto con algunhas alternativas >> máis que se me ocorren. Non son moi boas, pero igual consigo inspirar >> a alguén e damos cunha que provoque o consenso ;-) >> Serían estas (volvo incluí-la primeira proposta): >> >> Longo Tempo de Servizo >> Lonxevo en Termos de Servizo >> Lonxevidade nos Traballos de Sostemento >> Laborado por Tempo Sostido (mmm, polo visto, laborar non é normativo >> -e labrar, para este caso, non cadra-) >> Lonxitude Temporal Superior >> (Ou calquera combinación ou variación destes termos) > > Eu son máis da idea de traducilo de forma que se entenda, e manter o > de LTS, pero sen obrigar a que a tradución conste de tres palabras que > comecen por ditas letras. >
Así? versión de Longo Tempo de Servizo (...ou Seguimento) de deLongado Tempo de Servizo (DTS ou LTS, segundo a sigla propia ou impropia) de proLongado Tempo de Servizo (PTS ou LTS, idem) de proLongado Tempo de aSistencia (PTA ou LTS, viceversa) versión con servizo de asistencia a longo prazo (ALP) seguimento de longo tempo (SLT) longo tempo de seguimento (LTS) O que non me gusta de "Longo Tempo de Sostemento" é a idea de asociar support > sostemento Nese sentido adaptalo como "servizo" (estilo "software as as service, SaaS") funciona mellor ou como "seguimento". Ese tipo de siglas impropias só duran un certo tempo en vigor. Véxase SAP (application service provider). Por iso creo que unha sigla orixinal non tería opcións de establecerse. Penso por exemplo no caso de LP (long play, longa duración... LD ??). Inventar unha sigla é algo moi arriscado e pouco probable que se adopte, pensade en PMF, COMOS, etc fronte á OTAN, UNESCO... son de outra dimensión do idioma. Respecto de longo, é difícil encontrar saída: largura, largueza, larganza, longura, longamente... extensa, duradoira... non o vexo. Longo vale tanto para espazo coma para o tempo (ars longae, vitae brevis, dicían os latinos): ao longo vida pasoulle de todo, longo período vacacional, etc. Definitivamente, Tendo en conta que LTS forma parte do nome, e que en galego o desenvolvemento destas siglas DEBE facerse en minúsculas, opto por Ubuntu 10.04 LTS «Lucid Lynx», como o seu nome indica é unha versión con LONGO TEMPO DE SEGUIMENTO (Long Term Support ou LTS, polas súas siglas en inglés ) Unha versión LTS (con longo tempo de seguimentot) ofrece 3 anos de asistencia para a versión de escritorio, e 5 anos para a versión de servidor, a partir da data de publicación. Creo que queda bastante natural o bendito alfónimo LTS, que é dos típicos que tende a converterse en substantivo así en bruto. Saúdos, Antón P.S. Naturalmente falta a idea xenial que nos enamoraría a todos pero ante un idioma que escupe siglas coma unha ametralladora, que criterio xeral tomamos? Cando estamos de acordo? Eu diría que cando temos unha sigla que sobarda ou vai transcender ao público xeral hai que actuar. E cando temos unha "interpretación ou adaptación" que é conserva a lexibilidade e respecta a orixe do termo estamos no camiño acertado. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl