Ola,

Ao Geany estaba eu a piques de meterlle o dente despois de acabar a 
actualización de Gparted, pero coincido con Leandro que, se cadra é 
pouco atractiva para a xoldra da XGN. Paréceme moi interesante a 
proposta de Dorfun sobre o Elisa.

Eu propoño outro que ten un aspecto moi didáctico: Coccinela 
http://coccinella.im/
O sistema de localización é case exemplar (1921 cadeas), con teconoloxía 
PO, que está virxe totalmente. Coccinela, é un aplicativo de MI 
multiplataforma, de fonte libre, con recurso de taboleiro compartido, 
capacidade para VoIP, transferencia de ficheiros, baseado no estándar 
XMPP e portábel, que promete integrar as traducións inmediatamente nas 
nightybuilds.

Vamos, que sen pretender ser ningunha revolución é un aplicativo 
modélico de software libre, e para un obradoiro eu creo que se adaptaría 
moi ben, á parte de que se podería utilizar desde o primeiro minuto 
inmediatamente por parte dos tradutores, que sempre anima.

Coccinela = Xoaniña... é simpático

Antón





dorfun escribiu:
> Boas,
>
> A min paréceme interesante traducir un "Media Center" de Linux. Pode ser
> un atractivo para a xente allea ao mundo Linux e con potencialidade.
>
> Por exemplo Elisa (http://elisa.fluendo.com/wiki/Docs/Translation) ou
> algunha outra alternativa que poidades valorar.
>
> Penso que unha aplicación para todo o mundo, préstase máis ao convite e
> colaboración.
>
> Saúdos.
>
> On Mon, 30 Mar 2009 12:22:33 +0200, Leandro Regueiro
> <leandro.regueiro en gmail.com> wrote:
>   
>> Ola,
>> estiven buscando na sección de outros para ver traducións fáciles
>> pendentes (non comezadas) para ver de facer no obradoiro da XGN, e
>> dado que o BMPx desapareceu, ou non consigo conectar co sitio,
>> boteille un ollo a Geany, pero ó ser un IDE pode resultar complicado.
>> Sabedes dalgo que estea por traducir e nin sexa moi complicado nin
>> teña centos e centos de cadeas por traducir (preferiblemente unha
>> tradución sen comezar)?
>>
>> Ata logo,
>>                    Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>     
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090330/33aaecdd/attachment.vcf
 

Responderlle a