>>> VirtualBox estao traducindo a OSL da USC,  vamos Keko e Fran; supoño que
>>> non lles faltará moito.
>>>
>>> Algúns dos que comentas si que están parcialmente traducidos.
>>>
>>> Tamén pode ser de interese a tradución de aplicacións douspuntocero como
>>> o xestor de tarefas Remember the milk, que non está completo en galego e
>>> faise directamente vía web (digo por ver todas as posibilidades)
>>> http://www.rememberthemilk.com/?hl=gl
>>
>> Xa postos podemos ver de traducir o Facebook, pero preferiria
>> centrarme en cousas que se poidan traducir cos programas que usamos a
>> miúdo.
>>
>> Iso si, o Virtualbox igual teria sido interesante. Por certo, atopei
>> info sobre a tradución de R, o programa de estatística, que pode que
>> lle interese traducilo a algunha das OSL dado que creo que o comezan a
>> usar nalgúns sitios...
>
> Si é unha boa proposta, o contorno de estatística R non ten equipo de
> tradución ao galego e penso que unha OSL sería o ideal.
>
> http://developer.r-project.org/TranslationTeams.html

Ou varias :) Non teñen por que pelexarse, polo que vin hai sitio para todos.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a