Ola, Antón,
Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que algún
si :)
Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a meter
a zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o grupo
está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de membros,
que non debe ser pouca.
Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.



2013/5/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
> > Bo día!
> > Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
> por
> > outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
> > gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
> > Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
> > moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
> > preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
> > orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
> > máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
> que
> > teña especial présa etc.).
> > Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
> > non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
> por
> > ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
> > Un saúdo!
> >
> > --
> > Luz
>
>
> Ola Luz,
> Douche unha calorosa benvida.
>
> Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
> colaborando por aquí.
>
> Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
> tempadas e así.
>
> Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
>
> - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
> servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
> moito tempo.
> - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
> preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
> permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
> sempre axuda.
> - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
> decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
> se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
> - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
> para a túa tranquilidade.
> - As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir
> e afinar estilo.
> - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
> utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
> informatizadas.
> - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
> importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
> vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
> só da interface do software.
>
> O único que necesita realmente é constancia.
>
> Se che parece ben podo iniciarte.
>
> Antón Méixome
>
>
>
>
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a