Ola, Leandro,
Moitas grazas a ti tamén pola benvida, así dá gusto :)
Supoño que o de meter a zoca é inevitable, mais a ver se polo menos non
estorbo máis do que axudo... Espero superar ese período inicial axiña, para
despois collerlle o gusto e non perder a constancia. Intentarei desde o
principio que as traducións estean o mellor posible e sexan coherentes co
texto xa traducido.
En canto ás ferramentas CAT, estou contigo en que deben ser máis cómodas, e
penso que me han acabar gustando máis que as ferramentas web, mais aínda me
cómpre probar, trebellar e aprender a manexalas un pouco.

Grazas pola benvida e polo apoio! :)

2013/5/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
> > Ola, Antón,
> > Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
> > moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que
> algún si
> > :)
> > Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
> > proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a
> meter a
> > zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
> > administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o
> grupo
> > está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
> > contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de
> membros,
> > que non debe ser pouca.
> > Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.
>
> Ola Luz, e benvida.
>
> Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
> moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
> menos tempo para traducir.
>
> Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
> o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
> case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
> Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.
>
> Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
> de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
> a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
> no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
> sinxelo.
>
> Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
> revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
> comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
> mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
> despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
> tempo.
>
> Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
> traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
> tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
> persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
> continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
> igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
> poñamos o carro diante dos bois :)
>
> De novo benvida ao Proxecto Trasno.
>
> Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
> indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
> poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
> e que non te frustres nada máis comezar.
>
> Deica
>
> > 2013/5/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>
> >>
> >> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
> >> > Bo día!
> >> > Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
> ou
> >> > por
> >> > outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
> >> > gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
> >> > Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
> non
> >> > moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
> >> > preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
> >> > orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
> >> > consideredes
> >> > máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias
> ou
> >> > que
> >> > teña especial présa etc.).
> >> > Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
> >> > que
> >> > non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
> esperaba
> >> > por
> >> > ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
> >> > Un saúdo!
> >> >
> >> > --
> >> > Luz
> >>
> >>
> >> Ola Luz,
> >> Douche unha calorosa benvida.
> >>
> >> Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
> >> colaborando por aquí.
> >>
> >> Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
> >> tempadas e así.
> >>
> >> Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
> >>
> >> - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
> >> servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
> >> moito tempo.
> >> - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
> >> preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
> >> permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
> >> sempre axuda.
> >> - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
> >> decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
> >> se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
> >> - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
> >> para a túa tranquilidade.
> >> - As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir
> >> e afinar estilo.
> >> - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
> >> utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
> >> informatizadas.
> >> - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
> >> importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
> >> vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
> >> só da interface do software.
> >>
> >> O único que necesita realmente é constancia.
> >>
> >> Se che parece ben podo iniciarte.
> >>
> >> Antón Méixome
> >>
> >>
> >>
> >>
> >> > _______________________________________________
> >> > Proxecto mailing list
> >> > Proxecto@trasno.net
> >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >> >
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Luz
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a