Ola, Miguel,
Paréceme moi acertada a túa recomendación de escoller algún aplicativo co
que estea familiarizada.
Moitas grazas a ti tamén pola benvida :)

2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>

> Ola, Leandro,
> Moitas grazas a ti tamén pola benvida, así dá gusto :)
> Supoño que o de meter a zoca é inevitable, mais a ver se polo menos non
> estorbo máis do que axudo... Espero superar ese período inicial axiña, para
> despois collerlle o gusto e non perder a constancia. Intentarei desde o
> principio que as traducións estean o mellor posible e sexan coherentes co
> texto xa traducido.
> En canto ás ferramentas CAT, estou contigo en que deben ser máis cómodas,
> e penso que me han acabar gustando máis que as ferramentas web, mais aínda
> me cómpre probar, trebellar e aprender a manexalas un pouco.
>
> Grazas pola benvida e polo apoio! :)
>
>
> 2013/5/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>
>> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
>> > Ola, Antón,
>> > Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
>> > moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que
>> algún si
>> > :)
>> > Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
>> > proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a
>> meter a
>> > zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
>> > administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o
>> grupo
>> > está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
>> > contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de
>> membros,
>> > que non debe ser pouca.
>> > Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.
>>
>> Ola Luz, e benvida.
>>
>> Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
>> moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
>> menos tempo para traducir.
>>
>> Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
>> o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
>> case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
>> Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.
>>
>> Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
>> de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
>> a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
>> no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
>> sinxelo.
>>
>> Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
>> revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
>> comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
>> mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
>> despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
>> tempo.
>>
>> Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
>> traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
>> tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
>> persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
>> continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
>> igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
>> poñamos o carro diante dos bois :)
>>
>> De novo benvida ao Proxecto Trasno.
>>
>> Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
>> indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
>> poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
>> e que non te frustres nada máis comezar.
>>
>> Deica
>>
>> > 2013/5/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>> >>
>> >> 2013/5/2 Luz <luz.an...@gmail.com>:
>> >> > Bo día!
>> >> > Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
>> ou
>> >> > por
>> >> > outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga
>> e
>> >> > gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
>> >> > Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
>> non
>> >> > moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
>> >> > preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
>> >> > orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
>> >> > consideredes
>> >> > máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas
>> voluntarias ou
>> >> > que
>> >> > teña especial présa etc.).
>> >> > Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
>> >> > que
>> >> > non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
>> esperaba
>> >> > por
>> >> > ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida
>> :)
>> >> > Un saúdo!
>> >> >
>> >> > --
>> >> > Luz
>> >>
>> >>
>> >> Ola Luz,
>> >> Douche unha calorosa benvida.
>> >>
>> >> Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
>> >> colaborando por aquí.
>> >>
>> >> Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
>> >> tempadas e así.
>> >>
>> >> Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
>> >>
>> >> - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
>> >> servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
>> >> moito tempo.
>> >> - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
>> >> preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
>> >> permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
>> >> sempre axuda.
>> >> - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
>> >> decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
>> >> se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
>> >> - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
>> >> para a túa tranquilidade.
>> >> - As tarefas "administrativas" do proxecto son case nulas, só traducir
>> >> e afinar estilo.
>> >> - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
>> >> utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
>> >> informatizadas.
>> >> - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
>> >> importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
>> >> vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
>> >> só da interface do software.
>> >>
>> >> O único que necesita realmente é constancia.
>> >>
>> >> Se che parece ben podo iniciarte.
>> >>
>> >> Antón Méixome
>> >>
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> > _______________________________________________
>> >> > Proxecto mailing list
>> >> > Proxecto@trasno.net
>> >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >> >
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > Luz
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> Luz




-- 
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a