Grazas aos dous! :)
Alégrame que haxa máis filólogos (aínda que creo que deberiamos ser
moitos/as máis...)

2013/5/3 Xosé <xoseca...@gmail.com>

> Benvida! Eu tamén estudei Filoloxía, pero inglesa :-)
>
> Xosé
>
>
> 2013/5/3 damufo <dam...@gmail.com>
>
>> Benvida!
>>
>> En 02/05/2013 10:37, Luz escribiu:
>>
>>> Bo día!
>>> Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
>>> por outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
>>> gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
>>> Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
>>> moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
>>> preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
>>> orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
>>> máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
>>> que teña especial présa etc.).
>>> Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
>>> que non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
>>> esperaba por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que
>>> poida :)
>>> Un saúdo!
>>>
>>> --
>>> Luz
>>>
>>>
>>> ______________________________**_________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>>
>>
>> ______________________________**_________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/**listinfo/proxecto<http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto>
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Luz
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a