Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:

Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto. Fíxate
que o preceden de asterisco


1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
súa vida.

O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo, son
polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.


2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
intimidad Pt. direito à reserva da intimidade

3. right to privacy  dereito á intimidade

4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. > intimidade.
SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns autores
particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo Termigal.
Fiabilidade baixa)

5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO INCORRECTO
e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada do alemán.

6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e mesmo
na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,.. (claramente
falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía dicir
"intimidade", seguramente por contaminación do castelán)







O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa <roigonzalezvill...@gmail.com>
escribiu:

> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é un
> pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
> palabras que non recollen no seu dicionario.
>
>
> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>
> Saúdos.
>
> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
> escribiu:
>
>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo),
>> parello ao que en castelán chman privacidade.
>>
>> Que vos parece?
>>
>> Saúde.
>>
>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>
>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>>>
>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>>
>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego.
>>> En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>>
>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>>
>>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>>
>>> e fai parella con Security → Seguranza
>>>
>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>>>
>>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>>
>>>
>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo» porque
>>> vén do léxico xurídico.
>>>
>>> Opinións?
>>>
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>>
>> --
>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
>> institucións:
>> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
>> obriga de nos defender):
>> sxpl.secreta...@xunta.es
>> Moitas Grazas.
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a