Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
inexistente *privacity

Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor

privacy ten dúas acepcións
  - intimidade
  - confidencialidade

Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
"intimidade"

Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
1. "programa para unha confidencialidade óptima"
2. "intimidade bastante boa"

É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.

Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)

En galego temos
privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
confidencia, confidencial
intimidade (=privanza)

Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
*confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
"fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.

Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
(privar, privado, privativo, privanza)

Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e poder
facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces ofrecen
moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa *privacidade)

Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
de privanza = privanza















O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> escribiu:

> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario inglés.
> Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución incorrecta de
> castelá > inglés .
>
> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org>
> escribiu:
>
>>
>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
>>
>>
>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
>>
>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>>
>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras, que
>> como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
>> responderon nun día ou dous. <suxesti...@portaldaspalabras.org>
>> suxesti...@portaldaspalabras.org
>>
>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>>
>> Saúdos
>>
>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>
>>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>>>
>>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
>>> Fíxate que o preceden de asterisco
>>>
>>>
>>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
>>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
>>> súa vida.
>>>
>>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
>>> son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>>>
>>>
>>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
>>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>>>
>>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>>>
>>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
>>> intimidade.    SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns
>>> autores particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo
>>> Termigal. Fiabilidade baixa)
>>>
>>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
>>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada
>>> do alemán.
>>>
>>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e
>>> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
>>> (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía
>>> dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa <
>>> <roigonzalezvill...@gmail.com>roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu:
>>>
>>>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é
>>>> un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>>>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
>>>> palabras que non recollen no seu dicionario.
>>>>
>>>>
>>>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>>>>
>>>> Saúdos.
>>>>
>>>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <
>>>> <fuertescachald...@gmail.com>fuertescachald...@gmail.com> escribiu:
>>>>
>>>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
>>>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
>>>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo),
>>>>> parello ao que en castelán chman privacidade.
>>>>>
>>>>> Que vos parece?
>>>>>
>>>>> Saúde.
>>>>>
>>>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome < <cert...@certima.net>
>>>>> cert...@certima.net>:
>>>>>
>>>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>>>>>>
>>>>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>>>>>
>>>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no
>>>>>> Digalego. En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>>>>>
>>>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>>>>>
>>>>>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>>>>>
>>>>>> e fai parella con Security → Seguranza
>>>>>>
>>>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
>>>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>>>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace 
>>>>>> «privacidad»).
>>>>>>
>>>>>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo»
>>>>>> porque vén do léxico xurídico.
>>>>>>
>>>>>> Opinións?
>>>>>>
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> proxecto mailing list
>>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>> --
>>>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás
>>>>> seguintes institucións:
>>>>> - Valedor do Pobo: <http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64>
>>>>> http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>>>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
>>>>> obriga de nos defender):
>>>>> sxpl.secreta...@xunta.es
>>>>> Moitas Grazas.
>>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> proxecto mailing list
>>>>> proxecto@trasno.net
>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing 
>> listproxecto@trasno.nethttp://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a