Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
«achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».


O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>
> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
> responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org
> <mailto:suxesti...@portaldaspalabras.org>
>
> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>
> Saúdos
>
> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net
> <mailto:cert...@certima.net>> escribiu:
>
>     Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>
>     Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
>     Fíxate que o preceden de asterisco
>
>
>     1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o
>     seu espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos
>     aspectos da súa vida.
>
>     O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por
>     exemplo, son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á
>     intimidade.
>
>
>     2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a
>     la intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>
>     3. right to privacy  dereito á intimidade
>
>     4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
>     intimidade.    SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia
>     senón duns autores particulares, que introducen nota de anglicismo
>     e avalados polo Termigal. Fiabilidade baixa)
>
>     5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
>     INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por
>     el calcada do alemán.
>
>     6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social
>     e mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
>     (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada:
>     debía dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>
>
>
>
>
>
>
>     O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa
>     <roigonzalezvill...@gmail.com
>     <mailto:roigonzalezvill...@gmail.com>> escribiu:
>
>         Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario
>         da RAG é un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>         Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de
>         usar palabras que non recollen no seu dicionario.
>
>         
> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>
>         Saúdos.
>
>         O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora
>         <fuertescachald...@gmail.com
>         <mailto:fuertescachald...@gmail.com>> escribiu:
>
>             Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se
>             ben a define canto a un estilo de relación cunha persoa,
>             ben pode entenderse coma a condición de espazo íntimo e
>             persoal (compartido con outro ou cun mesmo), parello ao
>             que en castelán chman privacidade.
>
>             Que vos parece?
>
>             Saúde.
>
>             2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome
>             <cert...@certima.net <mailto:cert...@certima.net>>:
>
>                 Debo andar algo despistado. Non caera na conta de
>                 desconfiar ata hoxe.
>
>                 Como traducimos isto?  Privacidade ?
>
>                 Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG,
>                 nin no Digalego. En portugués si, pero como puro calco
>                 do inglés, coma sempre.
>
>                 Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>
>                 Privacy Policy → Normas de privanza
>
>                 e fai parella con Security → Seguranza
>
>                 ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e
>                 sería un resgate case medieval. A alternativa é o
>                 anglicismo. O que nós temos é un castelanismo que
>                 parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>
>                 O calco directo español de privacy é privacía.
>
>
>                 Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con
>                 «privativo» porque vén do léxico xurídico.
>
>                 Opinións?
>
>                 _______________________________________________
>                 proxecto mailing list
>                 proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
>                 http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
>
>
>             -- 
>             Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa
>             ás seguintes institucións:
>             - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>             - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un
>             correo, ten a obriga de nos defender):
>             sxpl.secreta...@xunta.es <mailto:sxpl.secreta...@xunta.es>
>             Moitas Grazas.
>
>             _______________________________________________
>             proxecto mailing list
>             proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
>             http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a