Presentación

2013-05-02 Conversa Luz
Bo día!
Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou por
outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
que teña especial présa etc.).
Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
Un saúdo!

-- 
Luz
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Antón Méixome
2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
 Bo día!
 Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou por
 outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
 gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
 Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
 moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
 preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
 orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
 máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou que
 teña especial présa etc.).
 Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
 non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba por
 ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
 Un saúdo!

 --
 Luz

Ola Luz,
Douche unha calorosa benvida.

Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
colaborando por aquí.

Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
tempadas e así.

Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.

- De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
moito tempo.
- Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
sempre axuda.
- Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
- Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
para a túa tranquilidade.
- As tarefas administrativas do proxecto son case nulas, só traducir
e afinar estilo.
- É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
informatizadas.
- É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
só da interface do software.

O único que necesita realmente é constancia.

Se che parece ben podo iniciarte.

Antón Méixome

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Luz
Ola, Antón,
Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que algún
si :)
Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a meter
a zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o grupo
está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de membros,
que non debe ser pouca.
Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

2013/5/2 Antón Méixome cert...@certima.net

 2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
  Bo día!
  Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
 por
  outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
  gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
  Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
  moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
  preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
  orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
  máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
 que
  teña especial présa etc.).
  Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi que
  non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
 por
  ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
  Un saúdo!
 
  --
  Luz

 Ola Luz,
 Douche unha calorosa benvida.

 Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
 colaborando por aquí.

 Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
 tempadas e así.

 Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.

 - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
 servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
 moito tempo.
 - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
 preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
 permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
 sempre axuda.
 - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
 decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
 se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
 - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
 para a túa tranquilidade.
 - As tarefas administrativas do proxecto son case nulas, só traducir
 e afinar estilo.
 - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
 utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
 informatizadas.
 - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
 importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
 vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
 só da interface do software.

 O único que necesita realmente é constancia.

 Se che parece ben podo iniciarte.

 Antón Méixome

  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Luz
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Leandro Regueiro
2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
 Ola, Antón,
 Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
 moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que algún si
 :)
 Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
 proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a meter a
 zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
 administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o grupo
 está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
 contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de membros,
 que non debe ser pouca.
 Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

Ola Luz, e benvida.

Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
menos tempo para traducir.

Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.

Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
sinxelo.

Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
tempo.

Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
poñamos o carro diante dos bois :)

De novo benvida ao Proxecto Trasno.

Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
e que non te frustres nada máis comezar.

Deica

 2013/5/2 Antón Méixome cert...@certima.net

 2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
  Bo día!
  Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
  por
  outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
  gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
  Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que non
  moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
  preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
  orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
  consideredes
  máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
  que
  teña especial présa etc.).
  Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
  que
  non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se esperaba
  por
  ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
  Un saúdo!
 
  --
  Luz

 Ola Luz,
 Douche unha calorosa benvida.

 Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
 colaborando por aquí.

 Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
 tempadas e así.

 Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.

 - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
 servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
 moito tempo.
 - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
 preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
 permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
 sempre axuda.
 - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
 decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
 se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
 - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
 para a túa tranquilidade.
 - As tarefas administrativas do proxecto son case nulas, só traducir
 e afinar estilo.
 - É o sabor de Linux máis popular e accesible, e utilízase e
 utilizarase nas tres universidades galegas para as aulas
 informatizadas.
 - É un proxecto que ten unha vertente de dinamización, divulgación moi
 importante: vídeos, cartelaría, quedadas, etc. polo que a medida que
 vas participando, podes ir combinando outro tipo de galeguizacións non
 só da interface do software.

 O único que necesita realmente é constancia.

 Se che parece ben 

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Miguel Branco
Tanto Antón como Leandro déronche unha boa imaxe do 'traballo'. Con calma,
paciencia e para calquera dúbida tanto estamos pola lista como por
mensaxería para che axudar.

Suxiroche que dentro de Ubuntu e de primeiras escollas algún aplicativo que
teñas empregado ou teñas a ollo, por iso da terminoloxía coa que te
atoparás.

Máis que benvida!

2013/5/2 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
  Ola, Antón,
  Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
  moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que
 algún si
  :)
  Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
  proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a
 meter a
  zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
  administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o
 grupo
  está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
  contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de
 membros,
  que non debe ser pouca.
  Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

 Ola Luz, e benvida.

 Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
 moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
 menos tempo para traducir.

 Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
 o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
 case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
 Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.

 Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
 de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
 a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
 no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
 sinxelo.

 Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
 revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
 comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
 mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
 despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
 tempo.

 Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
 traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
 tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
 persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
 continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
 igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
 poñamos o carro diante dos bois :)

 De novo benvida ao Proxecto Trasno.

 Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
 indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
 poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
 e que non te frustres nada máis comezar.

 Deica

  2013/5/2 Antón Méixome cert...@certima.net
 
  2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
   Bo día!
   Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
 ou
   por
   outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
   gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
   Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
 non
   moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
   preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
   orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
   consideredes
   máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias
 ou
   que
   teña especial présa etc.).
   Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
   que
   non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
 esperaba
   por
   ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
   Un saúdo!
  
   --
   Luz
 
  Ola Luz,
  Douche unha calorosa benvida.
 
  Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
  colaborando por aquí.
 
  Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
  tempadas e así.
 
  Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
 
  - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
  servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
  moito tempo.
  - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
  preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
  permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
  sempre axuda.
  - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician Translators que está moi
  decaído pero que sostén un nivel moi alto de cobertura (98%) polo que
  se pode levar aos poucos, e cun pouco de cariño sairá ben.
  - Permite ser titorizado (xa que hai dous roles: tradutor e revisor,
  para a túa tranquilidade.
  - As tarefas administrativas do 

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Luz
Ola, Leandro,
Moitas grazas a ti tamén pola benvida, así dá gusto :)
Supoño que o de meter a zoca é inevitable, mais a ver se polo menos non
estorbo máis do que axudo... Espero superar ese período inicial axiña, para
despois collerlle o gusto e non perder a constancia. Intentarei desde o
principio que as traducións estean o mellor posible e sexan coherentes co
texto xa traducido.
En canto ás ferramentas CAT, estou contigo en que deben ser máis cómodas, e
penso que me han acabar gustando máis que as ferramentas web, mais aínda me
cómpre probar, trebellar e aprender a manexalas un pouco.

Grazas pola benvida e polo apoio! :)

2013/5/2 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
  Ola, Antón,
  Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
  moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que
 algún si
  :)
  Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
  proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a
 meter a
  zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
  administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o
 grupo
  está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
  contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de
 membros,
  que non debe ser pouca.
  Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

 Ola Luz, e benvida.

 Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
 moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
 menos tempo para traducir.

 Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
 o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
 case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
 Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.

 Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
 de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
 a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
 no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
 sinxelo.

 Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
 revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
 comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
 mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
 despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
 tempo.

 Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
 traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
 tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
 persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
 continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
 igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
 poñamos o carro diante dos bois :)

 De novo benvida ao Proxecto Trasno.

 Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
 indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
 poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
 e que non te frustres nada máis comezar.

 Deica

  2013/5/2 Antón Méixome cert...@certima.net
 
  2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
   Bo día!
   Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
 ou
   por
   outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
   gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
   Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
 non
   moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
   preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
   orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
   consideredes
   máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias
 ou
   que
   teña especial présa etc.).
   Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
   que
   non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
 esperaba
   por
   ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida :)
   Un saúdo!
  
   --
   Luz
 
  Ola Luz,
  Douche unha calorosa benvida.
 
  Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
  colaborando por aquí.
 
  Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
  tempadas e así.
 
  Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
 
  - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
  servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
  moito tempo.
  - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter que
  preocuparte de ferramentas CAT (tamén sen as súas vantaxes) e que
  permite consultar como traduciron cada cadea noutros idiomas, que
  sempre axuda.
  - Temos aí un grupo, o Ubuntu Galician 

Re: Presentación

2013-05-02 Conversa Luz
Ola, Miguel,
Paréceme moi acertada a túa recomendación de escoller algún aplicativo co
que estea familiarizada.
Moitas grazas a ti tamén pola benvida :)

2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com

 Ola, Leandro,
 Moitas grazas a ti tamén pola benvida, así dá gusto :)
 Supoño que o de meter a zoca é inevitable, mais a ver se polo menos non
 estorbo máis do que axudo... Espero superar ese período inicial axiña, para
 despois collerlle o gusto e non perder a constancia. Intentarei desde o
 principio que as traducións estean o mellor posible e sexan coherentes co
 texto xa traducido.
 En canto ás ferramentas CAT, estou contigo en que deben ser máis cómodas,
 e penso que me han acabar gustando máis que as ferramentas web, mais aínda
 me cómpre probar, trebellar e aprender a manexalas un pouco.

 Grazas pola benvida e polo apoio! :)

 2013/5/2 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
  Ola, Antón,
  Moitas grazas pola benvida. A verdade é que eu xa tiña a sospeita de que
  moitos/as filólogos/as por aquí non habería, aínda que esperaba que
 algún si
  :)
  Creo que me das razóns máis que suficientes para que Ubuntu sexa un bo
  proxecto polo que comezar, especialmente porque teño bastante medo a
 meter a
  zoca ao principio, e tranquilízame un pouco que non haxa moitas tarefas
  administrativas e que poida ser un proceso titorizado. Ademais, se o
 grupo
  está decaído e aínda así mantén unha cobertura tan alta, espero poder
  contribuír a alixeirar un pouquiño a carga de traballo do resto de
 membros,
  que non debe ser pouca.
  Así que, pola miña parte, encantada de me iniciar en Ubuntu.

 Ola Luz, e benvida.

 Nunca nos sobrou xente, e agora non é diferente, así que a túa axuda é
 moi apreciada. E aínda máis agora que algúns de nós dispoñemos de
 menos tempo para traducir.

 Respecto do que comentas «de meter a zoca», non te preocupes. De feito
 o raro sería que non a meteras. Podo asegurarche que despois de levar
 case 10 anos traducindo eu aínda meto a zoca de cando en vez, pero no
 Proxecto Trasno hai máis xente e a veces indícannos os erros.

 Ademais podo comentarche que comezar a traducir pode esixir un pouco
 de traballo, e como di Antón, unha vez iniciado o labor o principal é
 a constancia. En todo caso se consegues superar ese período inicial, e
 no cal intentaremos axudarche, o labor de tradución vólvese máis
 sinxelo.

 Tamén dispoñemos de algunha ferramenta que nos permite realizar
 revisións automáticas das traducións para detectar algúns erros
 comúns, pero poñemos especial énfase en intentar facer as traducións o
 mellor posible, porque aínda que se dependa de ferramentas desta caste
 despois hai que corrixir os erros, o que implica perder o dobre de
 tempo.

 Respecto da ferramenta web, normalmente os que levamos un tempo
 traducindo non as empregamos xa que nos é máis cómodo empregar outro
 tipo de ferramentas que nos permiten máis liberdade. Pero para unha
 persoa que está comezando axéitanse ben. Se dentro dun tempo aínda
 continuas por aquí, e o volume da túa contribución non é pequeno,
 igual queres cambiar a algunha destas ferramentas CAT. Pero non
 poñamos o carro diante dos bois :)

 De novo benvida ao Proxecto Trasno.

 Agardo que alguén que dispoña de máis tempo ca min agora mesmo che
 indique como comezar. Se che xurde algunha dúbida, por parva que
 poidas pensar que é, pregunta. É preferible resolver as dúbidas pronto
 e que non te frustres nada máis comezar.

 Deica

  2013/5/2 Antón Méixome cert...@certima.net
 
  2013/5/2 Luz luz.an...@gmail.com:
   Bo día!
   Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa
 ou
   por
   outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga
 e
   gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
   Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
 non
   moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
   preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
   orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que
   consideredes
   máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas
 voluntarias ou
   que
   teña especial présa etc.).
   Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
   que
   non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
 esperaba
   por
   ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que poida
 :)
   Un saúdo!
  
   --
   Luz
 
  Ola Luz,
  Douche unha calorosa benvida.
 
  Eu tamén son un filólogo un pouco estrañado de non atopar máis colegas
  colaborando por aquí.
 
  Ninguén dispón de moito tempo, todos andamos aproveitando momentos,
  tempadas e así.
 
  Propóñoche que te inicies en Ubuntu por varias razóns.
 
  - De aquí a 1 ano sairá a nova versión LTS (que dura 5 anos en
  servizo). Podes traballar con calma e o traballo aproveitarase durante
  moito tempo.
  - Traduces moi comodamente nunha plataforma en liña, sen ter 

Re: [Terminoloxía] Street Creds Homie!

2013-05-02 Conversa Miguel Branco
Un 'camarada do quinteiro', ou 'un colega do rueiro'.

E o de 'buah neno' e 'que fas, rapás!' sónchevos moito da miña terra da
Cruña :)

2013/4/30 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/4/30 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
  2013/4/30 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Non sei se será vigués tamén, pero «neno» é definitivamente coruño.
 Véxase:
 
  Buah neno, definitivamente! :)
 
  • http://www.frikipedia.es/friki/Vigués
 
  • http://www.frikipedia.es/friki/Koruño
 
  Non me esperaba o día en que empregaríamos a Frikipedia como fonte :)

 E digo eu, non sería mellor usar Xunteiro para isto?
 http://www.frikipedia.es/friki/Xunteiro#Xunteiro

  Deica
 
  O Martes, 30 de Abril de 2013 19:30:17 mvillarino escribiu:
 
  Pois para min o uso de «neno» é vigués (e «rapás» de xusto enfrente)
 
  2013/4/30 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com
 
  «Neno» paréceme moi “coruño”, pero pode valer «Coleguilla» non ten
 chispa,
  en todo caso «colega». En «O príncipe de Bel-Air» usaban «meu», pero só
 en
  diálogos, para referirse a alguén en segunda persoa.
 
  O Martes, 30 de Abril de 2013 09:45:34 Miguel Bouzada escribiu:
 
  Atopo esta cadea:
  Street Creds Homie!
 
  Polo que levo investigado é unha expresión slang que destripada:
 
  STREET CRED LYRICS
 
  isto viria ser o rap (ou así o entendo eu) algo como musica|cancións da
  rúa!
 
  Homie é unha expresión mexico-calforniana... contracción de homeboy ...
  amigo, camarada ...
 
  http://grupos.emagister.com/debate/que_significa_homie__/6969-512446
 
  http://www.urbandictionary.com/define.php?term=homie
 
  A alguén se lle ocorre unha expresión nalgunha xiria como o coruño ou o
  vighin :) que teña equivalencia ?
 
  --
  Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
  Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
  http://galpon.org
  Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
  Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Localización de Moodle] Estado da tradución

2013-05-02 Conversa Antón Méixome
2013/5/2 Enrique Estévez Fernández e...@keko.me:
 Ola.

 Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía encargar de
 subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só para a versión
 2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 100.000 palabras
 traducidas.

 Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 124
 ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os pouco
 máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que me vai
 levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións polas diferentes
 versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a desenvolvemento actual.

 Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con estas
 cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:

 Para a versión 2.5, estamos ao 45%
 http://download.moodle.org/langpack/2.5/

 Para a versión 2.4, estamos ao 47%
 http://download.moodle.org/langpack/2.4/

 Para a versión 2.0, estamos ao 53%
 http://download.moodle.org/langpack/2.0/

 Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o traballo
 realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa que desde que
 rematei o contrato estou traballando a título persoal, como membro de
 Trasno.

 Saúdos.

Mañá a ver se lle podo dar un vistazo a todo

Grazas Keko

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Localizaci�n de Moodle] Estado da traduci�n

2013-05-02 Conversa damufo

Grazas Keko!!
En 02/05/2013 2:24, Enrique Estévez Fernández escribiu:

Ola.

Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía 
encargar de subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só 
para a versión 2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 
100.000 palabras traducidas.

Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 
124 ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os 
pouco máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que 
me vai levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións 
polas diferentes versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a 
desenvolvemento actual.

Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con 
estas cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:

Para a versión 2.5, estamos ao 45%
http://download.moodle.org/langpack/2.5/

Para a versión 2.4, estamos ao 47%
http://download.moodle.org/langpack/2.4/

Para a versión 2.0, estamos ao 53%
http://download.moodle.org/langpack/2.0/

Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o 
traballo realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa 
que desde que rematei o contrato estou traballando a título persoal, 
como membro de Trasno.

Saúdos.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Presentaci�n

2013-05-02 Conversa damufo

Benvida!

En 02/05/2013 10:37, Luz escribiu:

Bo día!
Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa 
ou por outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son 
filóloga e gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que 
non moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non 
teño preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me 
poderiades orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto 
que consideredes máis axeitado para comezar, algún que teña poucas 
persoas voluntarias ou que teña especial présa etc.).
Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi 
que non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se 
esperaba por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o 
que poida :)