>> Xml: lang é lang é o mesmo atributo. En antigas especificacións de TMX
>>> usábase o lang só. Mais en versións posteriores desaconsellouse ese uso e
>>> recoméndase o uso do xml : lang.
>>
>> Non é que se recomende, é que é ilegal (no sentido de pórte á marxe do
>> estándar); a versión 1.4, que data de outubro de 2004, ou a 1.4b de
>> 2005, non recollen o atributo «lang», só «xml:lang», e o mesmo pasa co
>> borrador da 2.0.
>>
>> En consecuencia, tendo en conta que o contido do ficheiro declara ser:
>>  <!DOCTYPE tmx SYSTEM "tmx14.dtd">
>> <tmx version="1.4">
>>
>> e que nos contidos <tuv> emprega o atributo «lang», mentres que a
>> especificación indica (literatim)
>> «<tuv>
>> «Translation Unit Variant - The <tuv> element specifies text in a
>> given language.
>> «Required attributes: xml:lang.
>> «
>> «Optional attributes: o-encoding, datatype, usagecount, lastusagedate,
>> creationtool, creationtoolversion, creationdate,
>> «creationid, changedate, changeid, o-tmf.
>> «
>> «Contents: Zero, one or more <note>, or <prop> elements in any order,
>> followed by One <seg> element. »
>>
>> tal vez sexa mellor solicitar dos desenvolventes do MergeTMX versión
>> 1.1 que se axusten ao estandar 1.4, cando se empregue tal versión.
>>
>> No entanto, debería pedírselle ao desenvolvente de Lokalize, ese
>> chaval ao que lle deron unha axuda para implementar mellor soporte de
>> XLIFF, que mellore o de TMX, no sentido de facelo máis verborreico,
>> cunha saída de depuración que indique que erros está a achar no
>> proceso, e que no permita engadir á base de datos unha lingua no canto
>> de outra (para arranxar o asunto do «en» no canto do «en-us» ou do
>> «gl»/«gl-xx».
>
> Son da mesma opinión que a expresada aquí por Marce. Ora ben, se cadra, para
> reutilizar o traballo das traducións de Mancomún deberamos flexibilizar a
> idea do TMX e ofrecer tamén un PO completo que sirva como material para
> bases de datos de tradución que tamén manexa o Kbabel o Poedit e outros...
> como fan os de Gnome Brasil.

Estou de acordo. En todo caso eu xa fago checkouts (hai algunha
tradución para isto) dos repositorios para crear a miña memoria de
tradución.

Sigo co do programa para as estatísticas ainda que xa sei que deberia
estar co do obradoiro para a XGN...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a