2009/3/26 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:

<communication mode="senderUnderHighEstress">

A ver,

> Tes certeza de que lang e xml:lang son o mesmo atributo? Eu non o sei, mais
> teño visto glosarios TBX que de feito tiñan os dous en todos os langSet.

non teño consultado nunca o estándar tMx (nótese o énfase no eme),
polo que non sei ren acerca de se xml:lang e lang son semánticamente o
mesmo ou cousas diferentes.

O que fixen para votar o glosario ese, feito coa ferramenta aquela que
se indica no <header>, foi, mais nada que RTFSC (Read the Fine Source
Code), cousa que fixen onte á noite no websvn.kde.org, que non me
levou máis de 3/4 de hora, probas incluidas, e para que funcione no
lokaliz do KDE 4.1, e a día de onte tamén no de trunk, é empregar o
atributo xml:lang, non lang a secas. Adicionalmente, a lingua de orixe
debe ter como codigo de idioma o "en", e a lingua termo debe ter como
código de idioma o mesmo, exactamente o mesmo, que se indicase no
proxecto que se teña aberto. Isto é, que se empregas «gl» debe ser
«gl», se empregas «gl_ES» debe ser «gl_ES», e se empregas «gl_GL» debe
ser «gl_GL».

Lémbrese que o indicador de lugar xeográfico non é preciso no galego,
e que o lokalize emprega polo tanto «gl» a pelo cando de escolle esta
lingua. No caso de querer adicionarlle un país, non sei agora mesmo se
ten recursos para facer iso, á parte de editar o ficheiro .ktp.



>
> <langSet xml:lang="en-US" lang="es-ES"> (para termos en español)

Non, isto non é para termos en castelán. Isto é para termos no
castelán que se emprega en españa.

> O que sí sei é que o namespace me da problemas para importar nalgunas
> ferramentas se uso o atributo xml:lang para almacenar a lingua da entrada.

Descoñezo a situación, eu son un afeizoado que utiliza un programa
chamado lokalise, e que se busca a vida para facerlle rular.

> Por outro lado, se o lokalize non adminte o código ISO de lingua-país e por
> tanto non permite conservar a información da variante lingüística, talvez
> valese a pena escribir aos desenvolvedores para que muden iso para próximas
> versións.

Vid supra. Para escribirlle os desenvolventes tes catro opcións:
4) Escríbellle directamente a Nicolas, que neste caso caseque de certo
pasará de ti, como é de recibo.
3) Comenta o tema na lista de correo kde-l10n-doc, onde che responderá.
2) Abre un informe de erro en bugs.kde.org, xeito recomendado,
posibelmente o que che dirán que fagas de ir por (3).
1) Who does the work, decides. (Isto é KDE, non o esquezas).

Responderlle a