>> Como xa foi anunciado nesta rolda hai tempo, Mancomún, a través do seu
>> coordinador Suso Baleato, asumiu a coordinación oficial das traducións
>> dos produtos Mozilla.
>>
>> Para facilitar a xestión da tradución e para unificar os procedementos
>> cos das outras traducións coordinadas tamén por Mancomún, decidiuse
>> crear unha rolda de correo propia /*mozilla at mancomun.org*/
>>
>> O obxectivo desta rolda é servir como ferramenta de coordinación da
>> tradución de todos os produtos mozilla polo que a ela envíamos toda a
>> información relacionada con dito proceso, p. ex. datas de períodos de
>> tradución, erros de tradución... Esta rolda é pública e precisa
>> subscrición para poder participar activamente nela.
>>
>> Xa que esta foi a rolda na que orixinalmente se levaban estas cuestións,
>> consideramos conveniente facilitarvos ao máximo que continuedes
>> participando na tradución de Mozilla como fixestes no pasado, polo que
>> pensamos en facer o seguinte se ninguén lle ve inconveniente:
>>
>> Subscribir  galician at mozdev.org a mozilla at mancomun.org de maneira que
>> todos os correos que se reciban en mozilla at mancomun.org chegarían tamén
>> a esta rolda e vos evitaría o traballo de tervos que subscribir
>> individualmente á nova rolda.
>> Se ninguén ten obxección procederemos a realizar isto o vindeiro luns.
>
> Por min non hai problema
>
> Susana

E por que non seguimos ca rolda anterior, que problema ten?

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a