Dacordo, tomo nota. 

Talogo,

Leandro Regueiro escrebeu:
> > Unha non Leandro, catro polo menos. Mírao dende o noso punto de vista: 
> > temos
> > que unificar a xestión de todos os proxectos de modo que sexa iso,
> > xestionabel, se non é imposibel. En breve imos iniciar o proceso de
> > "devolución" da xestión dos proxectos de localización á comunidade, e xa
> > decidiredes vós qué papel lle queredes reservar a mancomún, se é que
> > considerades que debera ter algún aínda.
> >
> > En todo caso o dito: esta lista vai seguir funcionando igual, aínda que co
> > baixo tráfico que rexistra tampouco se vai notar demasiado o impacto.
> 
> Tes razón ata certo punto, hai tres ou catro roldas dedicadas á
> tradución, pero polo de agora só hai unha dedicada aos produtos de
> Mozilla. Xa no seu momento me pareceu mal que houbera outra rolda á
> parte para isto, pero se non lembro mal era un requisito para que nos
> aceptaran as traducións (non vos estou nada seguro disto), pero o de
> crear outra rolda máis para o mesmo xa parece unha teima para dividir
> aínda máis á comunidade.
> 
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician at mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a