Ningún problema, de feito a vella vai seguir funcionando. 

Precisamos normalizar a situación en todas as roldas antes de iniciar o 
proceso de "devolución" da iniciativa ao voluntariado. Se non complícase
moito a xestión do cambio.

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
> >> Como xa foi anunciado nesta rolda hai tempo, Mancomún, a través do seu
> >> coordinador Suso Baleato, asumiu a coordinación oficial das traducións
> >> dos produtos Mozilla.
> >>
> >> Para facilitar a xestión da tradución e para unificar os procedementos
> >> cos das outras traducións coordinadas tamén por Mancomún, decidiuse
> >> crear unha rolda de correo propia /*mozilla at mancomun.org*/
> >>
> >> O obxectivo desta rolda é servir como ferramenta de coordinación da
> >> tradución de todos os produtos mozilla polo que a ela envíamos toda a
> >> información relacionada con dito proceso, p. ex. datas de períodos de
> >> tradución, erros de tradución... Esta rolda é pública e precisa
> >> subscrición para poder participar activamente nela.
> >>
> >> Xa que esta foi a rolda na que orixinalmente se levaban estas cuestións,
> >> consideramos conveniente facilitarvos ao máximo que continuedes
> >> participando na tradución de Mozilla como fixestes no pasado, polo que
> >> pensamos en facer o seguinte se ninguén lle ve inconveniente:
> >>
> >> Subscribir  galician at mozdev.org a mozilla at mancomun.org de maneira que
> >> todos os correos que se reciban en mozilla at mancomun.org chegarían 
> >> tamén
> >> a esta rolda e vos evitaría o traballo de tervos que subscribir
> >> individualmente á nova rolda.
> >> Se ninguén ten obxección procederemos a realizar isto o vindeiro luns.
> >
> > Por min non hai problema
> >
> > Susana
> 
> E por que non seguimos ca rolda anterior, que problema ten?
> 
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician at mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a